GONDOMAR
O Open de Galicia - Anova XCO baixa o pano en Gondomar
![[Img #33982]](upload/img/periodico/img_33982.jpg)
Os gañadores do Open de Galicia - Anova de Cross Country Olímpico (XCO) coroaranse este domingo no X Trofeo BTT Concello de Gondomar. O certame autonómico alcanza a súa decimoterceira e última xornada aínda con cuestións pendentes por resolver nos seus rankings. A cita tamén servirá de último test para os bikers galegos unha semana antes da celebración dos Campionatos de España na Comunidade Valenciana.
O Club Ciclista Bici Verde festexa con este evento a súa década de BTT en Gondomar. Nas inmediacións do Local Social da Comunidade de Montes de San Bieito a primeira saída darase ás 10:00 horas. Nesta quenda poranse en marcha os corredores da categoría cadete, os masters-40 e os masters-50/60. A entrada en acción dos masters-30, juniors e elites-sub23 está fixada para as 11:30. Un total de 111 bikers realizaron a preinscrición.
No circuíto de 4,1 quilómetros decidiranse dous títulos do Open de Galicia - Anova. Na categoría cadete masculina, Roi López (Compostelano) chega con 79 puntos de vantaxe sobre Jorge Fernández (Coruxo) e cunha marxe de 95 sobre Marco Nube (Academia Postal - Actyon - MMR). Tamén goza dun importante colchón de puntos a júnior Alba Arias (Arteixo - MB3), que supera en 120 a Sara Trigo (Salvaterra). Todos os triunfadores do certame autonómico recibirán os seus premios na cerimonia de podio prevista para as 14:00 horas.
O acto de presentación contou coa presenza do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira; da concelleira de Deportes, Nuria Lameiro; do presidente do Bici Verde, Esteban Lorenzo; e do biker do Coruxo e líder do ranking júnior, Adrián Barros.
III Mini DH Valle de Esmelle
A fin de semana de BTT arrancará o sábado co I Campionato de Galicia de Eliminator (XCE) e co III Mini DH Valle de Esmelle. Os cativos serán os protagonistas no descenso polo trazado ferrolán de Monte Pequeno. Os adestramentos libres realizaranse a partir das 11:00 horas e ás 17:00 dará comezo a competición. Os pequenos riders, que estén federados, poderanse inscribir ata as 10:30.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180