MOS
O Concello de Mos colabora coa campaña solidaria #súmatedoasangue
O Concello de Mos e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) impulsan a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.
As épocas do ano de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden cos meses de verán. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas, e por iso, o Concello distribuirá material informativo para tratar de incrementar a participación.
Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue:
TAMEIGA – LUNS 31 de XULLO - 15.30 a 21.00 horas
Unidade móbil de doazón de sangue no Polígono de San Eleuterio
PETELOS – MARTES 1 de AGOSTO - 15.30 a 21.00 horas
Unidade móbil de doazón de sangue ao carón da Capela de San Amaro
Mos acadou o pasado ano 2016 unha taxa de 11 doazóns por cada 1.000 habitantes e o obxectivo é incrementar a participación para tratar de acadar as cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes).
Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149