Lunes, 29 de Septiembre de 2025

Xornal21
Viernes, 28 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Plan de Igualdade de Oportunidades continúa co taller "Descúbrete, unha nova ollada de ti"

Seguindo a liña de actuación do III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Porriño, 2016 - 2019, dende a Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, estase a traballar en distintas liñas de actuación coa posta en marcha de diferentes accións que se recollen no devandito plan, logo de facer unha diagnose da situación social e demográfica do Porriño.


Ditas accións acométense trimestralmente: no primeiro trimestre deste ano abordouse a Saúde, no segundo o Emprego e neste terceiro “abordaremos a  participación social e o   Empoderamento con un claro obxectivo: incrementar a participación da cidadanía na loita a prol da Igualdade entre mulleres e homes, adicando o derradeiro trimestre do ano á Violencia Machista”.


Os vindeiros meses de agosto e setembro, indica Soledad Girón, “realizaremos talleres de crecemento persoal e habilidades sociais”, dende a perspectiva de xénero, “para fomentar nas mulleres as estratexias necesarias para mellorar a comunicación e as relación interpersoais”.


Desde a Concellería de Igualdade saliéntase a importancia do ‘empoderamento feminino’ que facilita as ferramentas precisas para “ampliar a capacidade de configurar as nosas vidas e a súa contorna”.


O taller "Descúbrete, unha nova ollada de ti" ten coma obxectivo “ampliar a conciencia sobre a noa vida, a realización persoal e individual, o descubrimento das diferencias, compartir vivezas e éxitos e comprender que  pódense crear novos camiños individuais,  proporcionar ferramentas imprescindíbeis para afrontar doutro xeito a experiencia da vida e ‘empoderarse’ , tomando conciencia e exercendo o poder de liderar as nosas vidas”.


El taller será o 28, 29 de Agosto e 1 de Setembro, cunha duración de 8 horas, en horario de mañá, no centro Cultural do Porriño. Para máis información e formalizar a inscrición as persoas interesadas poden dirixirse ao CIM do Concello do Porriño ou chamar ao número de teléfono  teléfono 986337429. O número de prazas é limitado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.