PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra recibe preto de tres millóns e medio de euros de fondos europeos para proxectos de emprego
A Presidenta Carmela Silva subliñou que para a institución provincial o fomento do emprego e a mellora da inserción laboral é un obxectivo prioritario.
![[Img #34028]](upload/img/periodico/img_34028.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que a institución vén de recibir case tres millóns e medio de euros de fondos europeos para a posta en marcha de diferentes proxectos de emprego destinados especialmente a persoas en risco de exclusión social e xóvenes.
Carmela Silva sinalou que por un lado recibiron 2.327.871,88 de euros para o proxecto “DepoIntegra Xove” e por outra banda, 945.364,93€ para “Depoemprende”. En palabras da presidenta da Deputación, o obxectivo destes tres programas é “fomentar o emprego entre a cidadanía da nosa provincia porque somos conscientes dos graves problemas que existen na actualidade para a inserción laboral na nosa provincia, na nosa comunidade e en todo o Estado. Na medida que nos permiten as nosas competencias estamos a facer o posible para mellorar a situación.”
Con “DepoIntegra Xove” a Deputación de Pontevedra pretende impulsar a integración sostible no mercado de traballo de mozas e mozos que non se encontran empregadas nin participan nos sistemas de educación. Este programa está destinado a mozas e mozos da provincia de Pontevedra maiores de 16 anos e menores de 30 anos, incluídas as persoas con diversidade funcional, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo e que estean rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que estean ou non inscritas como solicitantes de emprego (dando prioridade ás mulleres, persoas paradas de longa duración, colectivos máis desfavorecidos ou en risco de exclusión).
A presidenta da Deputación de Pontevedra mostrouse moi orgullosa da importancia deste proxecto e quixo resaltar que “DepoIntegra Xove ten o maior orzamento de toda Galicia e o quinto maior de toda España.”
Nesta iniciativa da institución provincial, que está proxectada en 2.533.342,5 euros, ofertaranse 405 prazas e impartiranse 27 accións formativas que terán lugar nas comarcas de Pontevedra, O Baixo Miño, Vigo, Caldas, Deza e O Morrazo.
En canto a “Depoemprende”, a Deputación de Pontevedra recibirá preto dun millón de euros de fondos europeos para a promoción da cultura do emprendemento. Estes fondos, que son xestionados por INCYDE (Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa), serán destinados á realización de dous programas distintos: “DepoEmprende 2017”, que recibe axudas europeas por valor de 393.129€, e “DepoEmprende II”, que recibiu 552.235,93€.
Carmela Silva destacou “que Depoemprende II recibiu a segunda mellor puntuación da convocatoria, só por detrás da propia Fundación INCYDE, o que manifesta que estamos ante un gran proxecto e que estamos a facer moi ben as cousas, tal e como é a nosa obriga.”
Con “Depoemprende II” a Deputación de Pontevedra pretende mellorar as capacidades das mozas e mozos que queiran ser emprendedores e emprendedoras con formación e asesoramento e, por outro lado, loitar contra o despoboamento do medio rural da nosa provincia fomentando a igualdade de oportunidades no acceso á formación.
Neste programa, que oferta 135 prazas e que está destinado a persoas desempregadas menores de 30 anos, impartiranse accións formativas e de promoción en Pontevedra, Cangas, Porriño, Vigo, Vilagarcía e Ponteareas. Xunto a estas accións, levarase a cabo un taller de motivación e promoción do emprendemento en cada unha das localizacións no que poderán participar ata un máximo de 150 persoas.
Na rolda de prensa a presidenta da Deputación de Pontevedra tamén subliñou que “estes preto de tres millóns e medio de euros súmanse aos 13 millóns que están presupostados no noso orzamento para a formación e promoción do emprego” e destacou que “con estes proxectos abarcam0s toda o territorio da provincia de Pontevedra, algo que non acontecía antes pois normalmente se elixían as comarcas que tiñan a mesma cor do Goberno. Agora elaboramos programas que cobren toda a Provincia sen pedir carnés e seguindo a idea que expoñíamos no balance dos dous anos de Goberno: máis servizo e máis equidade.”
P0r último, Carmela Silva recordou que con “DepoEmprende 2017”, que xa fora aprobado en Xunta de Goberno o pasado mes de xuño, ofértanse 120 prazas para todas as persoas desempregadas da provincia priorizando ás menores de 30 anos, ás mulleres, aos maiores de 45 anos, persoas con algunha diversidade funcional ou persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social. A través deste proxecto impartiranse un total de oito módulos formativos en seis localizacións da provincia: dous en Pontevedra e Vigo, e unha en Tui, Vilagarcía e Barro Meis.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149