Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 01 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos segue apostando pola mellora da empregabilidade dos mozos e mozas con novos programas

[Img #34031]

 

No mes de Setembro o Concello de Mos ten previsto o inicio de dous programas mixtos de formación e emprego dirixidos fundamentalmente a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas que mediante a realización de obras ou prestacións de servizos de interese xeral e social, van a posibilitar que estes  participantes realicen un traballo efectivo que, unido á formación profesional para o emprego recibida outorgan a estes participantes unha suficiente cualificación e experiencia profesional, que os sitúa como aptos para incorporarse a calquera empresa dos sectores nos que se forman e traballan.


É o caso do Obradoiro “MOS REHABILITA” destinado a persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de emprego de Galicia, maiores de 18 anos, dándolle prioridade ás persoas paradas de longa duración.
Este Obradoiro terá unha duración de 9 meses.


O proxecto inclúe especialidades incluídas na Axenda Industria 4.0: albanelería con novos materiáis (sector emerxente ou de alto potencial, ao destinarse o proxecto á mellora da eficiencia enerxética dos edificios a restaurar), e fabricación mecánica (sector estratéxico).


As especialidades que se desenvolverán neste Obradoiro son:
Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción de nivel 1 que se completará con outras dúas especialidades da mesma familia profesional de nivel 2.

Operacións auxiliares de fabricación mecánica de nivel 2, á que se incorpora a especialidade de soldadura MAG_MIG


O proxecto pretende a recuperación, rehabilitación e posta en valor de edificios municipáis e de patrimonio etnográfico. As zonas de actuación serán: edificio de vías e obras, edificio de emerxencias e protección civil, muíños, fontes e lavadoiros, colexios públicos (CEIP Atín e Pena de Francia), viáis e zona Master de Santiaguiño, onde se instalará un espazo deportivo para todos os públicos.


O Obradoiro destinado a mozos e mozas inscritos no Ficheiro do sistema de Garantía Xuvenil, polo tanto a maiores de 18 anos e menores de 30 anos, pretende ser unha continuidade do anterior Obradoiro MOS VERDE.
Os resultados deste último obradoiro foron moi positivos, estando insertados un 40% dos alumnos/as.


As especialidades que se van a desenvolver son:

  • Limpeza de espazos públicos de nivel 1, que se completa con outra especialidade de nivel 2, Xestión de residuos urbanos e industriáis, incidindo na compostaxe e reciclaxe
  • Deseño de productos gráficos, de nivel 3.


A preparación dos alumnos ao final do Obradoiro é excelente, polo que se encontran preparados para incorporarse a calquera empresa destes sectores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.