PROVINCIA
Carmela Silva presenta a primeira edición do Marisquiño como proba puntuable para a s Olimpiadas
O Marisquiño, integrado nos #RíasBaixasFests, encherá a cidade de Vigo de deporte e de cultura urbanas entre os días 11 e 13 de agosto.
![[Img #34040]](upload/img/periodico/img_34040.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a décimo séptima edición dun dos #RíasBaixasFests con maior éxito de público: O Marisquiño, que encherá a cidade de propostas de cultura e de deporte urbanos entre os días 11 e 13 de agosto.
Carmela Silva sinalou que “hoxe é un gran día para Vigo porque comeza a tomar corpo un dos eventos máis importantes que se levan a cabo na cidade en todo o ano”, que deixa “un enorme retorno non só para Vigo, senón para toda a área metropolitana e a provincia” (o ano pasado estimouse en arredor de 16 millóns de euros). Deste xeito, sinalou a Presidenta provincial, “Vigo convértese no epicentro do deporte urbano en Europea e mesmo en todo o mundo, O Marisquiño sitúa a cidade no mundo” aumentando o potencial económico da urbe que está “ligado á industria, á innovación, á investigación e ao dinamismo económico”.
Ademais, como sinalou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, “este ano O Marisquiño será unha das probas que puntúen para os vindeiros Xogos Olímpicos” de Tokio 2020, xa que o skateboarding é candidato a ser nomeado disciplina olímpica na vindeira cita desta competición. “O Marisquiño obedece a unha nova forma de entender a nova cultura deportiva, unha cultura que está moi arraigada transversalmente en toda a sociedade”, sinalou o rexedor vigués.
A Presidenta da institución provincial asegurou que “estou segura, e non me cabe ningunha dúbida, de que este ano imos superar as 160.000 persoas que asistiron o ano pasado” e resaltou que “O Marisquiño ten cada vez unha maior presenza e potencia” posto que “é un evento espectacular, do que sentirnos orgullosas e orgullosos, que nos amosa que co corpo humano se poden facer cousas que moitas e moitos xamais poderíamos tan sequera imaxinar”.
O Marisquiño, integrado nos Festivais Rías Baixas da Deputación de Pontevedra, ofrece este ano 3 copas do mundo (a World Cup Skateboarding Street, a World Cup Skateboarding Miniramp e a Dirt FMB World Tour), o descenso polo casco histórico, probas de motocross e motonáutica, ademais doutras actividades como concertos de música rap, electrónica e de punk, unha feira de produtos relacionados coa cultura urbana e unha zona gastronómica.
O recinto do festival contará este ano con 200.000 m2, un incremento do 20%, e tamén prestará unha grande atención ás retransmisións en streaming das probas deportivas, cun alcance estimado en máis dun millón de persoas fronte ás 100.000 persoas que fixeron uso deste servizo na edición do ano pasado.
O representante da organización do Marisquiño, Carlos Domínguez “Piti”, asegurou que “o noso obxectivo todos os anos é mellorar os nosos circuítos, que xa se atopan moi avanzados” e sinalou que “este ano aumentamos nun 50% os e as participantes internacionais”. Ademais, o organizador lembrou que “desde O Marisquiño pretendemos devolver ás Rías Baixas todo o que nos dá, facendo que esas persoas que nos visitan volvan os anos seguintes, e que as axudas que recibimos das institucións públicas non rematen en nós”.
Carmela Silva asegurou que “O Marisquiño é unha grande idea que temos que felicitar, tanto á organización do festival como tamén ao alcalde da cidade, que ten unha enorme capacidade para escoitalas”. Abel Caballero, pola súa banda, afirmou que “a Deputación sumouse cun grande entusiasmo”, o cal “é unha obriga pero tamén un pracer”, sinalou a Presidenta provincial. “Esta nova dinámica é a que nos leva a que cada vez este festival sexa máis grande”, asegurou Caballero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149