Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 02 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra achega preto de 600.000€ a case 500 clubs federados da provincia

Con estas subvencións o goberno de Carmela Silva cumpre os seus obxectivos e compromisos cos clubs da provincia de Pontevedra.

[Img #34071]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as subvencións para clubs que participan en competicións federadas de ámbito inferior a nacional no deporte base e para clubs de fútbol que compiten en Rexional Preferente.

 

En total son 461 os clubs da provincia que se benefician destas achegas da Deputación de Pontevedra, as cales supoñen un total de 599.784,030 €: preto de 100.000€ para 16 equipos de Rexional Preferente e preto de medio millón de euros para 445 equipos federados que compiten en categorías inferiores a nacional.

 

Con estas axudas o goberno de Carmela Silva segue a súa liña de traballo pola que a Deputación de Pontevedra afástase das axudas arbitrarias do anterior goberno establecendo unhas bases con criterios específicos e obxectivos cos que se conseguen que tódolos clubs da provincia teñan os mesmos dereitos.

 

Ademais, este ano por primeira vez tiñan máis puntuación os clubs que fomentan o deporte feminino e o deporte de persoas con diversidade funcional continuando coa liña de apoio á igualdade de oportunidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.