PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra reúnese con entidades da provincia para escoitar as súas demandas
O goberno de Carmela Silva mantivo encontros con máis de 230 entidades sociais e de igualdade da provincia de Pontevedra.
![[Img #34089]](upload/img/periodico/img_34089.jpg)
A Deputación de Pontevedra rematou esta semana en Silleda unha rolda de reunións con máis de 230 entidades da provincia para escoitar as súas demandas e incorporalas nos programas que a institución provincial está poñendo en marcha desde os servizos de Igualdade e Cohesión Social e Xuventude. Máis polo miúdo, as reunións, nas que participaron entidades de toda a provincia, tiveron lugar nas comarcas de Vigo, Pontevedra e Silleda e serviron tamén para dar a coñecer os obxectivos dos programas “Conectadas” e “Depo en marcha” que se están a iniciar estas semanas nos concellos da provincia.
A deputada de Cohesión Social e Xuventude e persoas deste servizo e do de Igualdade da Deputación de Pontevedra reuníronse cun total de 234 entidades que coñeceron, de primeira man, os obxectivos dos programas “Conectadas” e “Depo en marcha”, as bases reguladoras dos mesmos así como os compromisos e principais contidos preparados. Amais, durante as reunións tamén se aproveitou para escoitar as demandas formuladas polas diferentes entidades coa finalidade de incorporalas nas bases dos programas de Igualdade e Cohesión Social de cara ao vindeiro ano.
A Deputación de Pontevedra, a través do servizo de Igualdade, destina ao programa “Conectadas”, no que participaron o ano pasado máis de 5.000 persoas, 324.000 euros. O programa está destinado ás asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes. Cada unha das asociacións poderá desenvolver unha acción formativa, de 35 horas de duración, distribuídas entre oito bloques temáticos: “Muller emprende” (emprendemento), “Muller e cultura” (dedicado ás artes visuais), “Actualízate” (alfabetización dixital), “Coas túas mans” (traballos manuais), “Porque ti o fas” (xardinería e ornamentación floral), “Súmate ao cambio” (cociña, costura, coidados e dependencia, corresponsabilidade, reciclaxe, bricolaxe…), “Ponte en forma” (deportes) e “Coidados persoais”.
Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra, a través do servizo de Cohesión Social e Xuventude, destina ao programa “Depo en marcha 2017” 120.000 euros. A través desta actuación, a institución provincial organiza 161 obradoiros en 39 concellos da provincia para mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra, establecendo relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias.
Os 161 obradoiros estrutúranse en oito bloques temáticos como “Traballando coas mans”: arte con flores, cestería, elaboración de xabóns, iniciación ao encaixe de palillos, restauración de mobles e tapicería e manualidades; “Entre fogóns”: cociña galega, conservas artesanais, licores caseiros, panadería e repostería e tapiñas e petiscos; “Aprendendo da natureza”: plantas medicinais; “Móvete”: pilates, ioga, ximnasia de mantemento e zumba; “Activando corpo e mente”: conservando a memoria, musicoterapia, risoterapia e control e manexo da ansiedade e o estrés; “Enredando”: xogos tradicionais e teatro; “Dálle marcha”: bailes de salón, pandeireta e canto popular; “En rede”: internet, correo electrónico e manexo do móbil, informática de iniciación e Informática avanzada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149