Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 03 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

A Coral Stella Maris e o Concello de Nigrán ofrecen o sábado un concerto

O espectáculo será no campo de fútbol de Lourido con entrada de balde. Trátase da única oportunidade de ver este ano a Milanés en Galicia.

[Img #34101]

 

A Coral de Priegue Stella Maris e o Concello de Nigrán ofrecen este sábado dende as 22.00 horas no campo de fútbol de Lourido (Praia América) un concerto-homenaxe a Pablo Milanés que contará coa participación deste  cantautor cubano de fama internacional. Será a única oportunidade de desfrutar dun dos máximos exponentes da nova troba cubana en Galicia este ano e, ademáis, a entrada será de balde. Patrocinado por GENERALI España, o aforo previsto é de 4.000 persoas e avanzan unha gran sorpresa para todos os asistentes.

 

"Será un espectáculo sen precedentes no municipio. Sentímonos moi afortunados de poder desfrutar de Pablo Milanés compartindo escenario coa nosa gran coral de Priegue. É unha oportunidade única", resume o alcalde, Juan González.

 

 

 

 

Patrocinado por Generali, o aforo previsto é de 4.000 persoas. A organización avanza unha gran sorpresa para tódolos asistentes

 

 

 

 

O concerto terá lugar sobre un gran escenario ao pé de Praia América-Lourido (no campo de fútbol) e contará con pantallas xigantes, 200.000 watts de iluminación e 60.000 de son. Será o quinto dos espectáculos homenaxe  que a coral Stella Maris ofrece cada verán, contando na última edición coa intervención de Moncho Borrajo e nesta con Pablo Milanés, que aceptou tras escribirlle unha carta solicitando a súa presencia para o evento. Esta sí será a primeira ocasión en que deixen as instalacións do centro cultural O Torreiro de Priegue (ao que están vinculados), xa que dada a proxección internacional do invitado precisábase dun gran espazo. "As dimensións do evento íansenos das mans", sinalan o presidente do grupo vocal, Juan José Sío; a directora, María Dores Presas; e Javier Cora, un dos seus integrantes. A xornada empezará xa de mañá, con actividades para todos os públicos. "Desde as 12.00, teremos unha master class de zumba, food trucks -vehículos gastronómicos- e todo tipo de actos para o público infantil. Será un día para lembrar", avanzan.

 

Coral Stella Maris

A coral Stella Maris foi fundada en 1978 como coro parroquial por Fernando Salgueiro García, avó da actual directora, María Dores Presas, que tomou as rendas ao redor de 1993, cando se refundou co nome actual. Dominan o xénero litúrxico e combinan diferentes estilos e instrumentos, dende o rock ata salsa ou ópera, e por suposto interpretan algúns dos temas máis señeiros de Pablo Milanés. Actualmente son un referente da música coral na comarca.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.