O PORRIÑO
Chenlo prepara a novena edición da Festa do Cabrito ao Espeto
A ELM de Chenlo celebra este domingo, 6 de agosto, a súa cita gastronómica de referencia.
![[Img #34108]](upload/img/periodico/img_34108.jpg)
O vindeiro domingo, 6 de agosto, a Entidade Local Menor de Chenlo celebrará a “IX Festa do Cabrito ao Espeto”. O campo de fútbol, en Chan da Carreira, será o escenario deste evento que permite recuperar a forma tradicional de cociñar o cabrito nesta zona.
A implicación de todos os vecinos que participan na organización consiguen que, na súa novena edición, a Festa do Cabrito de Chenlo sexa xa un referente na provincia. Dende a organización esperan repetir o éxito das pasadas e recibir a unhas 2000 persoas.
A partir das 11.00 horas terá lugar unha degustación de pinchos, e dende primeira hora da mañá, a comisión organizadora comezará a asar os cabritos que, arredor das 13:30 horas, se servirán na comida popular. Os prezos serán os mesmos da anterior edición: 20 euros por cada ración de cabrito, 12 euros a ración de churrasco, 180 euros un cabrito enteiro e 90 euros medio cabrito. Todas as racións inclúen empanada, patacas, bebida, pan, café e un pedazo de rosca.
A organización prevé asar uns 80 cabritos e 200 kilos de churrasco
Durante toda a xornada amenizará a festa un grupo de gaiteiros e, xa pola tarde actuará o grupo musical 3.COM e levarase a cabo o sorteo dun Cabrito dos Cabreiros de Chenlo e varios agasallos entre todos os asistentes.
O evento completarase coa Ruta Cabalar que se desenvolverá pola tarde, a partir das 17:00 horas, e coactuación musical e dj Mark Novo.
O alcalde pedáneo da ELM de Chenlo, M. Alejandro Lorenzo, invita a todo o mundo a participar “desta festa que xa é patrimonio cultural de todos os veciños e veciñas de Chenlo”, aos que agradece “ o seu traballo e implicación nestes días, sin os cales, esta festa non sería posible”.
As reservas poden realizarse ata este xoves chamando aos teléfonos 607 775 525 o 647 142 782.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170