CINE - TV
'Pelerinaxes' gaña o primeiro premio no 21º Avanca Film Festival (Portugal)
    
    O filme ‘Pelerinaxes’ de Simone Saibene gañou o primeiro premio na sección documental da edición número 21 do Avanca Film Festival (Portugal).
	
        ![[Img #34134]](upload/img/periodico/img_34134.jpg)
 
O filme ‘Pelerinaxes’, do director italo-galego Simone Saibene, recibiu hoxe o máximo galardón na sección documental no Avanca Film Festival, un dos festivais máis lonxevos de Portugal. O premio foi ex aequo con 'Flames' de Throwell e Decker, outro filme que xunto co de Saibene impresionou favorablemente o xurado. 
 
'Pelerinaxes' fai o percorrido que hai 90 anos, no 1927, fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido. Un camiño que comeza na Praza do Ferro da cidade de As Burgas e que percorre diversos pobos das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña. O filme formaba parte da sección de documentais internacionais en concurso do 21º Avanca Film Festival. 
 
A actriz Carmen Méndez, que estivo presente no festival, encarna a Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual que percorre as oito etapas do camiño entre Ourense e Santo André de Teixido do libro de Otero Pedrayo para rematar un proxecto audiovisual iniciado na universidade xunto cun compañeiro. ‘Pelerinaxes’ se sitúa entre a ficción e o documental, altérnase o percorrido da protagonista con entrevistas a mulleres e homes, figuras do mundo cultural galego. Ademais da actriz Carmen Méndez, o reparto deste filme confórmano tamén os ourensáns Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo e Isabel Risco. A última, neta de Vicente de Risco, leu en Ortigueira o discurso que en 1927 lle foi negado ao seu avó por ser considerado un ‘home perigoso’ durante a ditadura de Primo de Rivera.
 
A banda sonora de ‘Pelerinaxes’ foi composta por, Ruxe-Ruxe, Daniel Minimalia, MCarballo,, Elena Domínguez e Miguel Álvarez e foi gravada integramente en directo.
 
O filme xa foi finalista na categoría ‘Mellor documental’ aos Premios Mestre Mateo 2017, representou a Galicia no espazo CinéFil do Festival Interceltique de Lorient (Francia) 2016 e participou, entre outros, no Festival de Cornouaille (Francia), no 14º Indipendent International Film Festival de Daca (Bangladesh) e na VI edición do Primavera do Cine de Vigo.
 
Na última edición do Festival Internacional de Cine de Ourense a Editorial Galaxia presentou o libro-dvd do filme que xa se pode atopar en todas as librerías de Galicia. Esta edición, ademáis da película, contén textos críticos de Víctor Freixanes, Simone Saibene, Ángel Suanzes, Valentín Carrera, Pablo Gallego Picard, Marta Gómez, Patricia Arias Chachero, Alberto Allegue, e Isabel Risco, e fotos do making of da longametraxe.
 
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116