Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 07 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
DEPORTES

O vindeiro 12 de agosto celébrase a popular 'Nigrán Area'

O prazo de inscrición para esta tradicional carreira por Praia América que reúne a centos de persoas está aberto ata o 9 de agosto.

[Img #34143]

 

Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor organizan o 12 de agosto a séptima edición da Nigrán Area, carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca. O prazo de inscrición para eta proba que reúne cada ano a centos de persoas está aberto ata o mércores 9 de agosto ás 20.00 horas, ben a través da web www.carreirasgalegas.com, na piscina mancomunada de A Ramallosa e, nas categorías menores a veteranos e xuveniles tamén poden anotarse nas oficinas de turismo de Nigrán. A carreira absoluta (de xuveniles a veteranos e cunha distancia de 6.000 metros) está limitada a mil persoas e ten un custe de 6 euros, ademais, toda a persoa que o desexe poderá colaborar co proxecto de Unicef 'Gotas para Nixer' facendo a súa aportación a través da plataforma www.carreirasgalegas.com. Poderán participar federados e non federados.

 

A proba dará comezo ás 11:00 horas coa categoría cadete seguida de infantil, alevín e benxamín, sendo a absoluta ás 11:45 horas e a continuación a de prebenxamíns (12:30) e pitufos (12:40). Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia America, son circuitos chás sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.

 

Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira).

 

Haberá avituallamento ao fin da carreira, servizo de ambulancia dispoñible durante o evento e servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón.

 

Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín ata cadete e a tódolos pitufos, prebenxamíns e benxamíns ate fin de existencias. Ademais, premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.