SALVATERRA DE MIÑO
A Xunta INVESTIRÁ máis de 300.000 euros para colaborar na posta en marcha do Centro de Interpretación do viño do Condado do Tea
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou esta semana un convenio de colaboración neste sentido co concello de Salvaterra do Miño, onde se ubicará este novo recurso.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal, asinaron esta semana o convenio que establece as bases de colaboración entre a Administración autonómica e a local de cara a posta en marcha do Centro de Interpretación do viño do Condado do Tea. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director de Agader, Miguel Pérez Dubois, tamén participaron no acto.
En virtude do acordo asinado esta tarde, o Goberno galego achegará algo máis de 300.000 euros para acometer este proxecto, no que están implicados distintos departamentos da Xunta: a Vicepresidencia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Turismo de Galicia, e a Secretaría Xeral da Presidencia.
O Centro de interpretación enolóxico estará localizado nunha edificación de propiedade municipal, situada no casco urbano, e terá como principal obxectivo dar a coñecer e poñer en valor os viños do Condado do Tea e a súa elaboración, constituíndo así un recurso turístico dun dos elementos máis característicos da zona.
Actualmente, o número de viticultores nesta subzona é de ao redor de 1.500 persoas, con máis de 1.000 hectáreas de superficie cultivada coas castas de Albariño, Treixadura, Loureira e outras, en variedade de brancos; e Sousón e Mencía, que supoñen a parte maioritaria das variedades tintas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213