Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 05 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

A Oficina de Rehabilitación está a elaborar unha listaxe de interesados ante a próxima convocatoria de subvencións para a AR

As axudas serán para obras de mantemento e rehabilitación de vivendas na cidade medieval, San Domingos e San Bartolomeu.

[Img #34148]

 

Ante a próxima convocatoria das axudas para obras de mantemento e rehabilitación de vivendas na zona ARI, Área de Rehabilitación Integral, do Concello de Tui a Oficina de Rehabilitación está a elaborar unha listaxe de propietarios interesados nestas achegas.


En concreto as axudas irán dirixidas a propietarios interesados en realizar obras en inmobles situados na cidade medieval, en San Domingos e San Bartolomeu. Dende a Oficina de Rehabilitación recomendan informarse das condicións que se deben cumprir e das obras que poderán ser subvencionadas. Así coma asesorarse sobre a solicitude de licenza ou comunicación previa. Para iso os interesados poden achegarse os xoves de 9 a 14h ata a Oficina de Rehabilitación, situada no departamento de Urbanismo, para coñecer de primeira man os trámites a seguir para solicitar as futuras axudas. No caso de non poder acudir os xoves poden deixar os seu datos calquera día da semana no departamento de Urbanismo, e a técnica da Oficina de Rehabilitación contactará posteriormente con eles.


Con estas consultas iniciais dende a Oficina de Rehabilitación elaborarase unha listaxe de interesados nas subvención da ARI, Área de Rehabilitación Integral, para unha vez se abra o prazo de solicitude informarlles de que poden iniciar os trámites oportunos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.