Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 06 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán recibe aos nenos saharauis que pasan o verán con familias da comarca do Val Miñor e Baixo Miño

O Concello aportou 2.000 euros ao programa 'Vacacións en Paz'.

[Img #34157]

 

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu esta semana á ducia de nenos saharauis que están pasando este verán no Val Miñor e Baixo Miño con familias de acollida. Os pequenos chegaron a primeiros de xullo e regresarán aos campamentos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) en setembro. O Concello de Nigrán aporta 2.000 euros ao Programa 'Vacacións en Paz' de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Ademais, a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade presidido polo propio rexedor, acábanse de aprobar 10.000 euros en axudas para provisión de alimentos nos campamentos.

 

Durante o encontro González entregoulles unhas mochilas  co logo de “Nigrán” e diverso material escolar. Ademais falou cos cativos, que están a disfrutar moito en Galicia, e agradeceu públicamente o labor das familias que os acollen, recordando que o conflito saharaui é un conflito político ao que a comunidade internacional debe buscar unha solución que a propia ONU establece nun referendum de autodeterminación. "Ogallá algún día deixen de ter que vir porque signifique que xa están na súa casa, nun sáhara libre", sinalou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.