GALICIA
A Policía Autonómica detén un home como presunto autor de 17 incendios forestais no concello de Maceda
No que vai de ano, son 72 os investigados pola Policía Autonómica por delitos relacionados con lumes nos montes galegos.
Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense informaron do esclarecemento de 17 incendios forestais no concello de Maceda.
A Policía Autonómica de Ourense procedeu á detención dun varón como presunto autor dun total de 17 incendios forestais ocorridos nos lugares de Tioira, Castro de Escuadro, A Teixeira, Vilardecáns e Santiso, pertencentes a este concello ourensán.
Os lumes producíanse sempre preto do enderezo do detido, de madrugada, e a carón de pistas forestais e estradas. A detención tivo lugar tras un dispositivo de vixilancia de 10 días. Fóronlle intervidos 6 acendedores.
Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 72 persoas foron detidas/ investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149