PONTEAREAS
Alumnado de Ponteareas leva a ciencia ao Congreso Internacional Hands-on Sciencie
A Concellería de Ensino convida aos participantes a comezar a traballar na III Semana das Ciencias.
![[Img #34169]](upload/img/periodico/img_34169.jpg)
A Concellería de Ensino acompañada dun profesor e alumnado de Ponteareas visitaron a cidade portuguesa de Braga para participar no Congreso de Hands-on Sciencie o pasado día 13 de xullo. A delegación ponteareá presentou a II Semana das Ciencias na que participaron todos os centros educativos de Ponteareas.
Coa intención de achegar a ciencia á cidadanía e aos escolares, o pasado mes de abril a Concellería de Ensino organizou unha serie de actividades, visitas educativas, seminarios e conferencias.
A visita ao Museo da Ciencia en Movemento, catro charlas dos propios alumnos, catro conferencias de recoñecidos investigadores e científicos, obradoiros para profesorado, A Ciencia nas Rúas, Achégate á Ciencia, a peza de teatro “Non toques os meus Círculos” e visitas didácticas a empresas da zona e ao Museo do Mar completaron a intensa axenda da II Semana das Ciencias de Ponteareas que contou cunha alta participación e unha valoración moi positiva por parte da cidadanía e da comunidade educativa.
O traballo dos ponteareáns esperta o interese de Ucrania
Na cidade portuguesa de Braga unha representación do alumnado participante no proxecto, acompañado de mestres, familiares e da Concelleira de Ensino, Cristina Fernández, expuxeron a súa experiencia na II Semana das Ciencias recibindo os parabéns da organización pola trascendencia da experiencia e pola exposición.
O traballo dos ponteareáns despertou o interese da delegación de Ucrania, participante neste congreso, que os convidou a participar no Foro Nacional da Ciencia que se celebrará o vindeiro mes de marzo do 2018 no seu país.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149