Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 08 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Sae adiante moción contra as eléctricas presentada polo grupo municipal socialista

O grupo municipal socialista presentou unha moción "contra o abuso das eléctricas que contou co apoio maioritario".

O grupo socialista presentou no derradeiro pleno unha moción na que denunciaba o abuso que Gas Natural-Fenosa están impoñendo os consumidores, mediante os equipos de medida. "Esta imposición consiste nos cambios de equipo de medida onde eles se escudan nunha normativa europea. Dita normativa di que se teñen que implantar equipos dixitais con discriminación horaria sen especificar quen ten que asumir o seu custo" explican.

 

Emilio Muiños, vicevoceiro do grupo socialista, di que "co diñeiro aforrado por parte das eléctricas tiñan que asumir o custo dos cambios como mínimo, xa que bastante dano están facendo eliminando postos de traballo".

 

Esta moción sometida a votación foi aprobada co voto favorable do PSdG-PSOE de Mos, Partido Popular e BNG e a abstención de Gañamos. "Gañamos argumenta que como a moción foi presentada polo Partido Socialista non a apoian, mirando pola rivalidade política antes que polos intereses dos consumidores de enerxía eléctrica" explican dende o Partido Socialista que califican esta actuación de "irresponsabilidade política".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.