OPINIÓN
Urbanismo absurdo na vila de Ponteareas
![[Img #34248]](upload/img/periodico/img_34248.jpg)
ESQUERDA UNIDA de Ponteareas rexistrou unha solicitude para solucionar a situación do paso de peóns da rúa Orotava, logo das denuncias da veciñanza da zona.
As queixas producíanse pola inutilidade deste paso de peóns, xa que foi o lugar escollido polo concello para colocar os catro diferentes colectores de lixo -vidro, papel, plástico e orgánico- ocupando todo o paso e impedindo a circulación dos peóns.
A solución era tan sinxela como mover os colectores a distancia mínima que permitira que o paso de peóns quedara libre para cumprir a súa función. Pero non, en un alarde de surrealismo urbanístico, o concello optou por mover o paso de peóns. Movelo ademais ao final da rúa, co que os vehículos terán que parar enriba antes de xirar no cruce, co que tamén perderá toda a súa funcionalidade.
EU non da crédito á solución chapuceira tomada para non perder unha praza de aparcadoiro e que equivale a borrar un paso de peóns para pintalo de novo nun lugar totalmente inadecuado. Asemade, o efecto, tanto estético como práctico é do máis puro estilo Escher pola profusión de raias en todas direccións e a imposibilidade do seu uso.
Lembremos tamén que estas actuacións entran en contradicción direta co Estudo de Mobilidade aprobado no pasado pleno municipal enfocado a transformar a vila de Ponteareas nun lugar máis amable para as persoas. Esquerda Unida considera unha falta absoluta de coherencia cando se aproba unha cousa en teoría pero non se cumpre na práctica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22