Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 13 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Vías e Obras inviste 150.000€ nas obras de conexión á rede municipal de saneamento do barrio de A Pereira-Contrasto, en Torneiros

[Img #34258]

 

A Concellería de Vías e Obras ven de acometer o inicio dos traballos de conexión á rede de saneamento do barrio de A Pereira-Contrasto, na parroquia de Torneiros, nos que investirá 150.000€, con cargo aos orzamentos correspondentes a O Porriño do ‘Plan Concellos’ da Deputación de Pontevedra.


Segundo indica o alcalde accidental, Manuel Carrera, as obras, que permitirá aos veciños deste lugar que as súas casas estean enlazadas abranguen en realidade tres colectores: o primeiro de 500 metros lineais, o segundo de 108 e o terceiro de 300 metros, cunha tubaxe de policloruro de vinilo (PVC) de 315 milímetros de diámetro.


Cada un destes colectores levará incluídos os seus pozos: o primeiro treito, 16 en total, o segundo, 4 e o terceiro, 8. Ademais, realizarase a reposición integral do pavimento e firme desta  parte da parroquia.


Este traballo, que levará varias semanas, forma parte do proxecto de extensión do saneamento municipal a todas e todos os veciños do Porriño, un compromiso que adquirira o Goberno municipal ao principio deste mandato, como lembra Manuel Carrera, e que levouse adiante os dous anos pasados e seguirá os dous seguintes con obras coma a actual.


O alcalde accidental lembra que, hai uns meses, se comprometerá a facer esta obra que "fora solicitada hai anos polos veciños” e que permitirá que unhas 30 vivendas estean xa unidas á rede municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.