Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 14 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta publica no DOG a licitación das obras de ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) é a encargada de adxudicar e executar esta actuación, que contará cun orzamento próximo aos catro millóns de euros.

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación do contrato para a execución das obras de ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Esta licitación responde ao acordo de colaboración asinado entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a AXI, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, para a realización destas actuacións, que permitirán incrementar a superficie do recinto en 5000 m2.

 

As empresas teñen un prazo de 26 días naturais, ata o 6 de setembro, para presentar as súas ofertas. As obras, cun orzamento próximo aos catro millóns de euros (3.991.243,96 €), contarán cun prazo de execución de 24 semanas, unha vez sexan adxudicadas. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/kbqpty

 

 

 

 

As empresas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 6 de setembro, e as obras terán un prazo de execución de 24 semanas

 

 

 

 

Tal e como está previsto, a ampliación do edificio construirase na parcela na que se sitúa o actual recinto feiral e noutra lindante con ela, duns 3.000 m2, que o Concello de Vigo puxo a disposición da Xunta de Galicia para poder levala a cabo.

 

O proxecto, aprobado no Consello da Xunta do pasado 15 de xuño e tramitado mediante o procedemento recollido na Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, mantén a configuración actual das instalacións engadindo un pavillón anexo ao pavillón número 2 que contará cunha superficie de 5.000 m2.  

 

Ifevi acolle importantes citas como Conxemar, que contou en 2016 con 583 expositores de 43 países distintos; ou Navalia, que prevé reunir na súa sétima edición, programada para 2018, máis de 25.000 profesionais e 500 expositores de todo o mundo.

 

Estas melloras permitirán abrir novas oportunidades de negocio, beneficiando así ao conxunto do tecido económico empresarial tanto da comarca como de Galicia, e a sectores estratéxicos como o pesqueiro, o conserveiro ou o naval. Calcúlase que a ampliación terá un impacto nos sectores hoteleiro e hosteleiro de Vigo de máis de dous millóns de euros ao ano.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.