Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 15 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

A Xunta denuncia que o Concello de Nigrán non informou dos episodios de contaminación das augas de Praia América

Nun escrito enviado ao alcalde o pasado día 9 advertíuselle da obrigatoriedade de informar á poboación mediante carteis na zona de baño do estado das augas.

A Xunta denuncia que o Concello de Nigrán non informou a poboación dos episodios de contaminación rexistrados estes días en Praia América. Nun escrito enviado o pasado día 9 advertíuselle ao alcalde da obrigatoriedade de informar a poboación do estado das augas, mediante carteis informativos na zona de baño.

 

Na análise microbiolóxica da mostra de auga recollida o día 7 de agosto na auga do areal de Praia América confirmouse a presencia de Escherichia Coli nunha proporción de >1000 NMP/100ml, superando o valor aceptable establecido de contaminación.

 

 

 

 

A normativa esixe que se prohiba ou se recomende o cese temporal do baño

 

 

 

 

Segundo a lexislación vixente, unha vez detectado o episodio de contaminación o concello está obrigado a comunicar á poboación a situación con carteis informativos nos que ben prohiba o baño ou recomende absterse deste de forma temporal por contaminación microbiolóxica. Este panel informativo deberá completar ao cartel coa cualificación sanitaria. Ademais, manteranse as condicións adecuadas das áreas peripraieiras e se exporá aos usuarios calquera outra información relevante establecida regulamentariamente.

 

Así se lle esixiu por fax o pasado día 9 de agosto ao alcalde. Catro días despois do primeiro análise negativo e sen que durante este tempo se informara da presenza de Escherichia Coli aos usuarios do areal, hoxe o Concello de Nigrán comunicaba formalmente a finalización do episodio de contaminación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.