Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 16 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva presenta o DVD da película “Visións”, enmarcada no proxecto “Cinema e muller”

A presidenta da Deputación puxo en valor este filme, “unha peza audiovisual única na historia do cinema galego que plasma a grande capacidade que temos as mulleres para, con orzamentos axustados, crear pezas de grande calidade artística”.

[Img #34318]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a posta a disposición dos concellos, asociacións e colectivos o DVD da película “Visións” á que cualificou como “peza audiovisual única na historia do cinema galego” e que se enmarca no proxecto “Cinema e muller”.  

 

“Cinema e muller”, impulsado polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra e dirixido por Xisela Franco e producido por Beli Martínez, ten por obxectivo, en palabras de Carmela Silva, “visibilizar ás creadoras do sector audiovisual galego e fomentar unha maior participación das mulleres na cultura e na arte”.

 

No marco do proxecto, xunto á formación e investigación, impulsouse a creación dunha película, “Visións”, dirixida, montada e creada por mulleres. A película, que se trata “dun filme poliédrico” – tal e como subliñou Silva -, está composta por curtametraxes que ofrecen a ollada de dez mulleres entre as que se atopan Eva Calvar, Sonia Méndez, Olaia Sendón, Claudia Brenlla, Andrea Zapata, Begoña Santiago, Carme Nogueira, Lara Bacelo, Diana Toucedo e Carla Andrade.  

 

“Visións” participou, ao longo deste ano, en festivais internacionais como o Chiayifestival de Taiwan ou o CinemaAttic de Glasgow, ademais do CGAI da Coruña. O ano pasado, a película do proxecto “Cinema e muller” tivo presenza en festivais de cinema de cidades como Bilbao, Vigo, Santiago, A Coruña, Ourense, Cangas e Celanova.

 

Xunto á participación en festivais cinematográficos, Carmela Silva destacou que “Visións” recibiu “unha mención especial en canto á promoción da Igualdade nos premios CREA, da Asociación de realizadores de Galicia, e moitas das cineastas que participaron no filme recibiron premios en diferentes festivais polas súas curtametraxes”. Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación de Pontevedra fixo referencia ao premio que recibiu Begoña Santiago no festival Alcances de Cádiz, á mellor curtametraxe, as mencións de Diana Toucedo nos festivais brasileiros Mira e A Mostra e de Sonia Méndez no Fer Film Festival de Kosovo, e o premio á mellor dirección e mellor curta de imaxe real no Festival Cans 2017 que recibiu Andrea Zapata.

 

A película “Visións” tamén se exhibiu este ano en preto de vinte concellos da provincia de Pontevedra da man de charlas dirixidas polas mulleres que participaron no proxecto “Cinema e muller”. A partir de hoxe, estará dispoñible para concellos, asociacións e colectivos que o desexen, “este DVD que –en palabras de Carmela Silva - plasma a grande capacidade que temos as mulleres para, cun orzamento do máis axustado, crear pezas de grande calidade artística”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.