Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 17 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O 98% dos turistas de Mos son peregrinos que realizan o Camiño de Santiago

O Concello está volcado na potenciación da imaxe do municipio como ‘A Rosa do Camiño’ e traballa para elo dende a súa pioneira Mesa do Camiño.

[Img #34321]

 

Dende o pasado 15 de xuño, e ata o 10 de agosto, a Oficina de Turismo de Mos, sita en As Angustias (parroquia de Sanguiñeda), contabilizou un total de 539 visitas (que non son todas as recibidas, xa que non se realizan enquisas a absolutamente todos os visitantes) das cales 413 (o 77%) foron de turistas nacionais chegados dende diversas localidades de España, fundamentalmente de Madrid. Dos 413 visitantes españois, 108 procedían de Madrid, o que representa un 26%.


Dos chegados doutros países abundaron sobre todo os procedentes de Alemaña (13), Estados Unidos (5), Italia (18), Portugal (18) e Reino Unido (19). O rango de idade da maioría dos turistas, case todos peregrinos, oscila entre os 35 e os 60 anos. Fundamentalmente alóxanse en albergues e a estancia na provincia vai de 4 a 6 días.


Os visitantes que se aloxaron nos albergues de Mos neste tempo ascenderon a un total de 360, que representan o 67%. E os que declararon o Camiño de Santiago como motivo da súa viaxe foron a aplastante cifra de 529, que representa o 98% do total. Todos son datos oficiais facilitados pola Oficina Municipal de Turismo, rexentada por un bolseiro contratado pola Deputación de Pontevedra a través de Turismo Rías Baixas.


Por meses destacar que dende o 15 ao 30 de xuño pasaron pola Oficina de Turismo de Mos 160 visitantes, dos cales 120 (o 75%) eran españois, 13 do Reino Unido e 8 procedentes de Portugal. Dos 120 españois, 24 (o 20%) procedían de Madrid e 48 (o 40%) de Santa Cruz de Tenerife. No referente ao tramo de idade, 102 dos visitantes (o 64%) tiñan entre 35 e 60 anos. Respecto do tipo de aloxamento utilizado a maioría, 122 (que representan o 76%) pernoctaron en albergue fundamentalmente en tramos de media de entre 4 e 6 días na provincia de Pontevedra (así o fixeron un total de 72 visitantes que representan o 45%). O motivo da estancia en Mos foi no 98% dos casos, como así o confirmaron 156 dos turistas, o Camiño de Santiago.


En xullo pasaron pola Oficina de Turismo de Mos 272 visitantes, dos cales 202 (o 74%) eran españois, 6 do Reino Unido, outros 6 de Alemaña e 8 procedentes de Portugal. Dos 202 españois, 55 (o 25%) procedían de Madrid. No referente ao tramo de idade, 146 dos visitantes (o 54%) tiñan entre 35 e 60 anos. Respecto do tipo de aloxamento utilizado a maioría, 154 (que representan o 57%) pernoctaron en albergue fundamentalmente en tramos de media de entre 4 e 6 días na provincia de Pontevedra (así o fixeron un total de 135 visitantes que representan o 50%). O motivo da estancia en Mos foi no 98% dos casos, como así o confirmaron 267 dos turistas, o Camiño de Santiago.


Do 1 ao 10 de agosto pasaron pola Oficina de Turismo de Mos 107 visitantes, dos cales 91 (o 85%) eran españois, e de fóra de España os máis abundantes foron os procedentes de Portugal que ascenderon a un total de 7. Dos 91 españois, 29 (o 31%) procedían de Madrid. No referente ao tramo de idade, 52 dos visitantes (o 49%) tiñan entre 35 e 60 anos. Respecto do tipo de aloxamento utilizado a maioría, 84 (que representan o 79%) pernoctaron en albergue fundamentalmente en tramos de media de entre 4 e 6 días na provincia de Pontevedra (así o fixeron un total de 73 visitantes que representan o 68%). O motivo da estancia en Mos foi no 99% dos casos, como así o confirmaron 106 dos turistas, o Camiño de Santiago.

 

 

 

 

Dende mediados de xuño a Oficina de Turismo mosense atendeu a máis de 600 visitantes

 

 

 


Como dato curioso e non rexistrado na Oficina de Turismo, xa que non se detiveron nela, destacar que o pasado 2 de agosto pernoctaron no Pazo de Mos un total de 80 peregrinos/as procedentes de Estados Unidos.

 

‘Mos, A Rosa do Camiño’

Tal é o éxito e a afluencia do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos, que representa a fonte fundamental do turismo nesta localidade do Val da Louriña. Por iso o Concello de Mos vólcase na potenciación, defensa, coidado e posta en valor do tramo do Camiño que transcorre polo municipio coa posta en marcha de iniciativas pioneiras como é a Mesa do Camiño, programas culturais como Vive o Camiño en Mos e o fomento da imaxe local de Mos como ‘A Rosa do Camiño’.


A Mesa do Camiño do Concello de Mos constituiuse en febreiro deste ano e supón unha iniciativa pioneira en Galicia ó non existir ningún outro municipio galego dotado dun ente de características similares.
A Mesa está composta por representantes da administración local e os principais axentes socioeconómicos representativos e implicados e interesados na materia.


A importancia desta iniciativa novidosa e pioneira no fomento da afluencia de peregrinos no Camiño de Santiago Portugués ao seu paso por Mos xa está a dar o seus froitos, tal e como se pode comprobar observando as estatísticas.


A Mesa do Camiño constituiuse baixo o paraugas da marca ‘Mos, a Rosa do Camiño’. Quérese potenciar esta marca por ser a rosa o símbolo municipal representado na bandeira e o escudo locais, ademais do principal emblema cultural da localidade, coa Festa da Rosa á cabeza; celebración que foi declarada de Interese Turístico de Galicia fai dous anos.


O Concello de Mos non esquece que é un municipio do Camiño e, sabedores de que ser paso do Camiño de Santiago é o seu principal activo cultural e turístico, pon o máximo empeño en coidar, mellorar e implementar dito activo, por iso se constituiu esta Mesa de traballo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.