MOS
Veigadaña homenaxea aos seus veciños/as maiores de 75 anos
O barrio da parroquia mosense de Petelos recoñécelles aos seus habitantes máis lonxevos o esforzo de toda unha vida de duro traballo e amor polo lugar de orixe.
A Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña celebra este sábado, 19 de agosto, a súa propia festa na honra dos maiores deste barrio da parroquia mosense de Petelos. Esta celebración é unha homenaxe aos maiores de 75 anos do barrio de Veigadaña a través dunha xornada festiva de convivencia que inclúe Misa, xantar e música.
Ás 12:00 horas do mediodía oficiarase unha Misa na honra dos defuntos do barrio, a continuación homenaxearase aos veciños da Veigadaña maiores de 75 anos, ao acabar o acto actuará o Grupo de Gaitas de Herville e sobre as 14:00 horas realizarase unha comida para os homenaxeados.
Estes actos coinciden co aniversario da. A.V.V. Santa Ana de Veigadaña que cumpre 30 anos transcorridos dende a súa fundación.
A directiva da Asociación agradécelles a todos os veciños/as do barrio a súa colaboración durante todo o ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149