O PORRIÑO
Comezan as festas na honra ao Neno Xesús en Chenlo
A entidade está preparada para vivir os catro días das súas festas patronais que arrancarán hoxe cunha gran cea e festa no marco incomparable do Centro Cultural de Chenlo.
A entidade local menor de Chenlo celebra os próximos 19, 20 e 21 de agosto as súas festas na honra ao Neno Xesús. O programa arranca hoxevenres cunha gran cea no marco incomparable do Centro Cultural de Chenlo, onde se poderá degustar polbo e chouripán nunha noite na que a música será a protagonista indiscutible da man da vocalista local Lucía Sameolle , Samuel Carmona, a cantante porriñesa Érika Lewis, a gañadora do concurso musical "Tes Talento? ", Antía Caride , o DJ Mark Novo e grupo Pa Ti Na Ma, coas mellores versións de flamenco.
O sábado 19, ás 22:00 horas será o turno do grupo de gaitas Son dos Muiños e a Charanga Cantos Somos.
Xa o domingo, día 20, a xornada abrirase coa misa cantada polo Coro de Voces de Chenlo, seguida dunha procesión acompañada pola Banda de Cornetas, Tambores e Gaitas "Ría de Vigo" e o grupo de gaitas "Os Penediños de Atios". A partir das 13:00 horas terán lugar as tradicionais poxas e xa pola noite a música volverá ser a protagonista co concerto da Banda de Música de Redondela, ás 22:00 horas, e a actuación da Orquestra Atenas, a partir das 23:00 horas.
O luns 21, celebarase a misa e procesión acompañada pola Banda de Música de Redondela e, de seguido, as poxas. Xa pola tarde, a partir das 18:30 horas, as mellores cucañas da comarca terán lugar en Chenlo coa presencia do Dj Mark Novo e o broche final ás festas do Neno Xesús 2017 o porá a gran verbena a cargo das orquestras Televisión e Claxxon.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155