SALCEDA DE CASELAS
O PP de Salceda denuncia a "ausencia de fondos destinados á contratación de Policía Local"
"O Alcalde prefire destinar fondos públicos a publicidade en vez de invertir en seguridade para os salcedenses" segundo o PP.
O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodriguez Davila, ven a denunciar a "pasivisade do Alcalde ante os acontecementos das últimas semanas. Segundo explica o voceiro, o Concello leva sufrindo actos vandálicos de diversa índole nos últimos meses, actos que se levan incrementado especialmente nas dúas últimas semanas".
“Para poñernos en antecedentes é preciso explicar que Salceda de Caselas tan só conta con 5 policías locais activos a día de hoxe –os mesmos que dedicacións exclusivas e parciais ten o Grupo de Goberno-, posto que un dos membros deste corpo se atopa de baixa dende hai varios meses e o Alcalde non tivo a ben cubrila. Ademais, en anos anteriores nos meses de verán, o Concello contaba con policías auxiliares a través da Xunta para reforzar con motivo das vacacións; pois ben, a día de hoxe, Besada nin tan sequera o solicita” afirma Davila.
Continúa o voceiro “son moitos os veciños e as veciñas que veñen trasladando nos últimos días a este Grupo a insostibilidade da situación no noso Concello: ruidos a altas horas da madrugada provocados por carreiras de coches e derrapes nas rúas, desfeita do mobiliario urbá en rúas e piscina municipal, e actos de vandalismo varios como os da Senda da Lagoela e Fonte das Carballas ou nos propios vehículos dos salcedenses… A insuficiencia do persoal non permite cubrir as fins de semana nin todas as horas da madrugada, momentos nos que estes actos se intensifican. Así pois, cando os/as veciños/as precisan deste servizo, teñen que chamar á Garda Civil. Ante esta situación, o Alcalde xunto co seu Grupo de Goberno, en vez de poñer solución, piden axuda ós cidadáns para atopar ós culpables, o nunca visto vamos!”.
Nos programas electorais dos anos 2011 e 2015 xa contemplabamos a necesidade de aumentar en –alomenos- 2 os policías locais
Nos programas electorais dos anos 2011 e 2015 os populares xa mencionaban a necesidade de aumentar en alomenos dous os policías locais xa que “non pode ser que un Concello como o noso presente carencias deste tipo en servizos básicos como é o da seguridade. A inversión neste ámbito debe ser prioritaria para o Alcalde, en vez de despilfarrar en publicidade e outros menesteres que pouco lle importan ós/ás salcedenses e que non repercuten nos mesmos”.
“Por todo o anterior, e dando voz ás demandas dos veciños e das veciñas, presentaremos no pleno deste mes de Agosto medidas ó respecto que explicaremos en profundidade (moción, convocatoria urxente da Xunta de Seguridade Local e Reposición inmediata da vacante deixada polo membro da Policía Local de baixa laboral, entre outras)” remata Rodriguez Davila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149