GALICIA
Feijóo traslada a solidariedade do pobo galego ás vítimas e familiares dos atentados perpetrados en Cataluña
O pobo de Galicia e o resto de conxunto de pobos de España sentimos como propio o atentado, a matanza da senrazón”, di, expresando a absoluta solidariedade, consternación e rexeitamento
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe a solidariedade e o recoñecemento do pobo galego ás vítimas e familiares dos atentados perpetrados en Cataluña. “Todos os corazóns e todas as mans de Galicia están cos corazóns e coas mans das vítimas e das súas familias. O pobo de Galicia e o resto de conxunto de pobos de España sentimos como propio o atentado, a matanza da senrazón”, dixo, expresando a absoluta solidariedade, consternación e rexeitamento.
Así mesmo, Feijóo transmitiu a plena confianza nas forzas e corpos de seguridade do Estado, “que van seguir traballando”, dixo, na defensa dos nosos valores e principios. “España é un país democrático e vaino seguir sendo. Un país onde a liberdade de culto, relixiosa, ideolóxica e política vai seguir predominando. Non imos dar un paso atrás na defensa dos nosos principios e valores”, sentenciou.
O presidente da Xunta quixo trasladar tamén unha mensaxe de solidariedade a todas as autoridades catalás. “É o momento de estar unidos”, aseverou, ao que engadiu que “xuntos seguiremos máis fortes. Hai que centrarse e reflexionar sobre o verdadeiramente importante, que os españois esteamos unidos para defender a nosa sociedade democrática e os nosos valores occidentais”.
Feijóo concluíu facendo fincapé en que, ante o fanatismo, España seguirá traballando: “España sabe facelo. Fixóo durante moito tempo contra o terrorismo de ETA e tamén o seguirá facendo contra calquera tipo de terrorismo, veña de onde veña”, abundou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149