Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 19 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Río Miño volverá a ser escenario o vindeiro domingo do Certame de Pintura Antonio Fernández

Artistas e aficionados da pintura participarán o vindeiro domingo na 5ª edición do Certame de Pintura Antonio Fernández.

[Img #34392]

 

Como cada ano o Concello organiza dentro da programación da Aula Antonio Fernández o Certame de Pintura ao aire libre do mesmo nome, que leva a unha gran variedade de artistas ás inmediacións do Río Miño ao seu paso polo concello.

 

As persoas participantes deberán realizar as súas obras en soporte ríxido como lienzo ou taboleiro, de 1 cm de espesor como mínimo, e terán o día dispoñible para rematar as súas obras, que haberán de entregar entre as 18.00 e as 19.00h xunto co cabalete no Espazo Fortaleza.

 

A inscrición para participar está aberta na web municipal onde ademáis poden consuiltarse as bases.   Aquelas persoas que o desexen poden inscribirse o mesmo día do certame na Aula Museo Antonio Fernández a partir das 9:30 h. e ata as 11:30 h. O bo tempo acompañará nesta oportunidade para desfrutar dun día de paisaxe, pintura e moito arte.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.