GALICIA
A Xunta de Galicia envía medios de extinción de incendios a Portugal
Os dous helicópteros con base en Mondariz, con capacidade para facer descargas de entre 1.000 e 1.500 litros de auga, realizarán quendas para actuar no país veciño
![[Img #34408]](upload/img/periodico/img_34408.jpg)
A Xunta de Galicia mobilizou nas últimas horas medios de extinción de incendios para axudar na loita contra o lume no Norte de Portugal. A actuación da Xunta de Galicia enmárcase no protocolo de actuación do proxecto de cooperación transfronteiriza ARIEM 112
En virtude deste protocolo, os dous helicópteros con base en Queimadelos (Mondariz) que coordina a Consellería do Medio Rural, farán quendas para actuar en Portugal. Un deles xa está intervindo no municipio luso de Melgaço e cando remate o seu tempo de autonomía de voo será relevado polo outro aparello.
Ambos son helicópteros con capacidade para facer descargas de auga de entre 1.000 e 1.500 litros de auga e forman parte do dispositivo previsto no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (Pladiga), integrado por unha trintena de medios aéreos. A súa colaboración con Portugal vai estar condicionada ás necesidades de servizo que poidan xurdir en Galicia, xa que a súa principal prioridade é a protección do territorio forestal galego.
O ARIEM 112 (Asistencia Recíproca Interrexional en Materia de Emerxencias) é un proxecto de carácter multirrexional enmarcado dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP). Ten como obxectivo principal o establecemento dun mecanismo de colaboración entre os Centros 112 que xestionan e mobilizan recursos de emerxencias nas zonas transfronteirizas implicadas de Galicia, Castela-León e Norte de Portugal, mediante a implantación de ferramentas comúns informáticas e de telecomunicacións, a formación conxunta e a implantación de protocolos de intervención comúns.
Entre todas as administracións implicadas traballouse co fin de que os habitantes da zona tranfronteiriza estean máis seguros e dispoñan dun óptimo servizo de xestión e de atención das emerxencias; que a fronteira, en definitiva, non sexa xa unha liña que divida senón que una rexións.
O ARIEM 112 engloba a máis de cen concellos, preto de 600.000 habitantes e unha extensión de case 17.000 quilómetros cadrados, que agora están atendidos no eido das emerxencia por máis de 1.100 efectivos, contando protección civil, e bombeiros das tres rexións, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149