Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 23 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
Destino turístico por excelencia da Ría de Arousa

O número de visitantes á Illa de Sálvora crece un 56 por cento ata o mes de Xullo

Os conselleiros de Medio Ambiente e Política Social, Beatriz Mato, e José Manuel Rey Varela, visitaron onte este enclave para coñecer de primeira man os labores de recuperación realizados en colaboración coa Asociación Amicos de Ribeira

[Img #34448]

 

A Illa de Sálvora recibiu desde xaneiro e ata o pasado mes de xullo a 9.469 visitantes, isto é, un 55,8 por cento máis con respecto ao mesmo período en 2016. Deste xeito, este enclave, un dos catro arquipélagos que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas, consolídase como un dos destinos turísticos por excelencia da Ría de Arousa. Así o manifestou a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, que onte visitou, xunto co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a Illa de Sálvora con motivo do remate dos traballos de recuperación e conservación realizados en colaboración coa Asociación Amicos de Ribeira.

 

A titular do departamento autonómico sinalou que as cifras constatan o “interese crecente” que Sálvora comparte co resto do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, un espazo que, no que levamos de ano, acolleu xa a máis de 220.000 visitantes. En concreto, 222.491, un 18,8 por cento máis con respecto ao mesmo período en 2016. Neste senso, a conselleira salientou que estes resultados acádanse, en boa medida, grazas ao esforzo da Xunta por un programa de promoción e divulgación de turismo sostible.

 

Deste modo, Beatriz Mato destacou o compromiso da Xunta pola protección e posta en valor da riqueza que representan os Parques Naturais no seu conxunto, así como, en xeral, todo o patrimonio natural da Comunidade.

 

Pola súa banda, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, valorou a decidida aposta da Xunta de Galicia por promover as actividades de voluntariado ambiental e puxo en valor o papel que teñen os participantes destes programas ao “contribuír a coidar dun xeito solidario e altruísta un dos nosos bens máis prezados como é o patrimonio natural”.

 

 

 

 

Mato Otero sinalou que estas cifras confirman o “interese crecente” que Sálvora comparte co resto do Parque Nacional das Illas Atlánticas, un espazo que, no que levamos de ano, recibiu a máis de 220.000 visitantes

 

 

 

 

Ademais, o conselleiro referiuse á importancia que as accións relacionadas co coñecemento, coidado e protección do medio ambiente teñen na Campaña de Verán que ten en marcha o Goberno galego, a cal é unha das máis importantes de España, tanto pola ampla programación como polo número de prazas que oferta, máis de 9500.  

 

Por último, Rey Varela destacou o feito de que dúas Consellerías como a de Política Social e a de Medio Ambiente “unan esforzos na conservación do patrimonio natural xunto a outras administración e coa implicación e valores da xuventude”.

 

Preto de 150.000 euros de inversión en Sálvora
“Pero eses valores hai que coidalos -engadiu Beatriz Mato- e, para facelo, na Consellería de Medio Ambiente traballamos arreo nese eido. Por iso, no caso concreto de Sálvora, levamos a cabo a consolidación da súa aldea”. Nos dous últimos anos investíronse 48.000 euros para rehabilitar inmobles e hórreos, reparar tellados das casas, renovar os paneis interpretativos e sinais indicadoras e para facer recompilación de útiles (potas, cubertos ou pezas de mobiliario...; recompiladas para a súa futura exposición ao público).

 

Ademais, “o pasado ano investimos preto de 100.000 euros (en concreto, 98.780) noutra serie de melloras: arranxo de camiños, prevención de incendios (desbroces), trampeo de visón americano, elaboración do dossier para recibir a Carta Europea de Turismo Sustentable, material divulgativo e seguimento de aves mariñas”.

 

 

 

 

Pola súa banda, Rey Varela valorou o papel dos participantes nos programas de voluntariado ambiental ao “contribuír a coidar dun xeito solidario e altruísta un dos nosos bens máis prezados como é o patrimonio natural”

 

 

[Img #34454]

 

Pero, dixo Mato Otero, “queremos máis” e nos vindeiros meses levaranse a cabo diversos traballos de estudo, protección e conservación dos valores naturais do espazo insular por valor de 150.000 euros. A maiores a responsable destacou que estgamos a piques de asinar un convenio co Ministerio por valor superior aos 300.000 euros Do mesmo xeito, a responsable do departamento autonómico destacou o compromiso do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente de colaborar na posta en marcha de medidas para a preservación de especies e investigación en Sálvora cuxo investimento ascende a 385.000 euros.

 

En definitiva, “a Xunta traballa, coa colaboración do resto das administracións e a axuda dos voluntarios, para garantir a máxima conservación deste espazo natural protexido e lograr, entre todos.

 

Avanza a tramitación do BIC
Por outra banda, Beatriz Mato asegurou que a Illa de Sálvora conta cun gran valor natural e medioambiental e paisaxístico, e, especialmente, cun enorme valor etnográfico e cultural, o que “a fai merecedora dun recoñecemento maior”. Así, o pasado mes de febreiro “anunciei que esta illa converterase no primeiro Paisaxe Cultural declarado BIC (Ben de Interese Cultural)”. A este fío, a titular de Medio Ambiente indicou que avanza a tramitación coa entrada en vigor do réxime provisional de protección.

 

En definitiva, “a Xunta traballa, coa colaboración do resto das administracións e a axuda dos voluntarios, para garantir a máxima conservación deste espazo natural protexido e lograr, entre todos, o obxectivo da posta en valor de Sálvora para convertela nun espazo máis coñecido e atractivo para os galegos e e para os que nos visitan”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.