Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 22 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis de 50 concellos xa solicitaron a administración electrónica

A Deputación de Pontevedra, para dar cumprimento á lexislación vixente relativa ao acceso electrónico da cidadanía ás actuacións públicas, está a prestar o servizo de implantación, uso e soporte dunha solución de administración electrónica para os concellos de menos de 50.000 habitantes. Con esta prestación, á que a institución provincial destina 847.000 €, preténdese facilitar que os concellos que non conten cos recursos suficientes poidan levar a cabo a adaptación e modernización tecnolóxica.


Dende a posta en marcha desta actuación foron varios os concellos que se puxeron en contacto coa Deputación de Pontevedra para pedir esta subministración, incluída no marco das competencias que a lei de réxime local lle ten concedido ás institucións provinciais. Deste xeito, ata o momento, 55 concellos e unha entidade menor adheríronse a este plan da Deputación de Pontevedra, cuxa principal característica é que se trata dun modelo de servizo ofrecido na nube, e xa en 36 se comezou a implantar a administración electrónica, dando formación a preto de 2.100 empregadas e empregados e 700 cargos públicos.


A través desta actuación, a Deputación de Pontevedra está a impulsar solucións de administración electrónica para que os concellos poidan dispoñer dunha sede electrónica personalizada para a súa relación coa cidadanía e, por outro lado, un portal para que o persoal da administración local poida realizar a xestión integral dos procedementos e expedientes por medios electrónicos. Polo tanto, a través desta ferramenta poderase consultar un catálogo de servizos electrónicos de trámites, consultas de expedientes, procedementos, etc. que se poden iniciar de forma telemática e presentar no rexistro electrónico sen necesidade de realizar un desprazamento presencial ás administracións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.