Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 26 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán sustitúe as farolas do paseo de Panxón por unhas novas de iluminación LED

As antigas, de vapor de sodio e carentes de illamento, rexistraban avarías nos días de mal tempo. "Era un problema que nos transmitían frecuentemente veciños e hostaleiros da zona e que agora solventamos de raíz", indica o alcalde.

[Img #34498]

 

O Concello de Nigrán ven de sustituír as quince farolas ubicadas ao longo do paseo marítimo de Panxón por unhas novas de iluminación LED e por un importe total de 8.712 euros achegados a través do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

 

As antigas, de vapor de sodio e carentes de illamento, provocaban que nos días de mal tempo se avariasen. "Era un problema que nos transmitían frecuentemente veciños e hostaleiros da zona e que agora solventamos de raíz. Os fallos na iluminación acarreaban no peón sensación de inseguridade nunha zona co gran concentración de bares e restaurantes", indica o alcalde, Juan A.González. Así, estas farolas foron sustituídas por outras novas tipo LED, o que supón un importantísimo aforro no consumo enerxético. As actuais, de deseño minimalista, contan cunha fonte de luz composta por 14 LED de alta eficiencia e 30 W de potencia, mentras que o soporte é de aceiro.

 

"Supoñen un importante aforro enerxético e ofrecen unha imaxe moderna no municipio; todo o que sustituímos é sempre por LED por un principio claro de sostibilidade", indica González. De feito, como xa se fixo en todo o centro urbano, a nova medida suporá reducir a potencia de consumo entre o 51 % e o 80 %, o que ao mesmo tempo implica diminuír as costas de funcionamento das instalacións de iluminación pública e, sobre todo, permítelle ao Concello optimizar o gasto enerxético neste ámbito.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.