Mos
Adeus á avoa de Dornelas
Familiares e amigos déronlle o último adeus a Pastora Lago o pasado día 17 de agosto
![[Img #34511]](upload/img/periodico/img_34511.jpg)
A señora Pastora Lago Alonso naceu o 14 de abril de 1915 na Pedreira, lugar da parroquia mosense de Dornelas e finou no mesmo lugar aos 102 anos de idade o pasado 16 de agosto.
Familiares e amigos déronlle o último adeus o día 17 de agosto á avoa de Dornelas, unha muller traballadora que traballou dende moi nova como leiteira, oficio tan prolífico entre as mulleres de antano desta parroquia mosense. Desprazábase, como as demais leiteiras da zona, en tranvía dende Dornelas a Vigo; cidade veciña onde distribuía o leite de casa en casa.
Pastora casouse co señor Manuel Pichel, con quen tivo dous fillos e unha filla. Quedou viúva aos 61 anos de idade.
Últimamente a señora Pastora, a avoa de Dornelas, tiña o desexo, “despois de tantos anos na Pedreira, de mudarse ao apartamento que ten ao lado da Igrexa (no camposanto)”, como ela mesma dicía, con moito humor e moita sorna. Agora, cumprido ese desexo seu, sirvan estas liñas de merecida homenaxe cara a súa persoa, muller familiar e traballadora, inmensamente querida na parroquia.
As leiteiras de Mos
O 9 de outubro de 2010 inaugurouse o monumento ás leiteiras de Mos que se atopa instalado na rotonda da parada de Bos Aires, parroquia de Dornelas. O monumento ás leiteiras instalouse alí porque a de Bos Aires era unha parada do percorrido do tranvía por Mos e nela moitas das leiteiras mosenses collían este medio de transporte para levar o seu leite á veciña localidade de Vigo.
![[Img #34512]](upload/img/periodico/img_34512.jpg)
Tamén había paradas do tranvía a Vigo en Petelos, Tameiga, Pena de Francia, Sanguiñeda e Peinador, onde o tomaban algunhas leiteiras de Mos. Concretamente a Señora Pastora, a avoa de Dornelas, collíao en Pena de Francia.
![[Img #34513]](upload/img/periodico/img_34513.jpg)
Este monumento constitúe unha homenaxe ó duro oficio de leiteira e, por suposto, a tódalas leiteiras de Mos. O monumento está formado por unha gran escultura en pedra doada en 2010 ao Concello de Mos pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149