Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 24 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda critica a "falta de propostas por parte do Grupo de Goberno"

O PP de Salceda pola súa parte "chega ó pleno de mañá, venres, con moitos temas que tratar e mellorar".

O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, critica a ausencia de propostas por parte do Alcalde e o seu Grupo de Goberno nos dous últimos plenos municipais. “Non chego a comprender cómo con cinco dedicacións e un cargo de confianza non son quén de presentar ningunha iniciativa, que non den voz a ningunha necesidade ou problema de veciños/as”. Os populares, pola contra, din que chegan ó pleno de mañá "con moitos temas sobre a mesa".

 

“Tal e como anunciaramos, este Grupo presentou por rexistro a solicitude de creación dunha comisión de seguemento que nos permita investigar qué aconteceu cos cartos das entradas cobradas ós veciños e veciñas por actuacións no Auditorio Municipal e que non aparecen por ningures, xa que nin o Alcalde nin a Concelleira de Cultura foron quén de demostrar con documentos oficiais no último Pleno Municipal o procedemento seguido” afima Davila.

 

Continúa o voceiro “tras os acontecementos das últimas semanas (actos vandálicos de diversa índole) e, dando voz ás demandas dos salcedenses, este Grupo ven de presentar tamén por rexistro unha moción sobre a ausencia de fondos destinados á contratación de policía local e seguridade cidadá, na que propoñemos ó Goberno Municipal a adopción de medidas coma, por exemplo, convocatoria urxente da Xunta de Seguridade Local, creación dunha subcomisión que permita a representantes de asociacións e colectivos salcedenses aportar ideas,

 

 

 

 

Entre os temas propostos destacan a solicitude de creación dunha comisión de seguemento do “Caso Auditorio” e unha moción sobre a ausencia de fondos destinados á contratación de policía local e seguridade cidadá

 

 

 


queixas ou suxerencias; elaboración e execución dun Plan de Prevención, reposición inmediata da vacante deixada polo membro da Policía Local de baixa laboral, reforzo vacacional do servizo, servizo en horario nocturno e fins de semana, Plan Anual de Dotación de Medios ó servizo policial, entre outros”.

 

O Concelleiro Joaquín, pola súa parte, propón ó Goberno a través dunha moción modificar a Ordenanza Fiscal nº21 reguladora do IBI. “Este Grupo Municipal considera non axeitada a aplicación do 0,50% (tipo xeral) ós “bens rústicos” (galinheiros, cobertizos, almacéns e similares), polo que propón a aplicación do tipo mínimo, 0,40%, a todos os inmobles cuxo valor catastral sexa inferior a 11.000,00 euros. Tamén propomos que os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa gocen dunha bonificación (40% categoria xeral e 50% categoria específica) na cota íntegra do inmoble de uso residencial que constitúa a súa residencia habitual e na que estén empadroados, sempre e cando se cumpran unha serie de requisitos”

 

“Para finalizar, aportamos tamén diferentes rogos: Elaboración dunha ordenanza reguladora da concesión de axudas a clubes, colectivos desportivos e desportistas individuais do Concello; Instalación de puntos de Auga potable nas Zonas Deportivas da Devesa e Altamira; mellora da Estrada Barral-Igrexa-Penedo Redondo e realización de aparcadoiro na marxe do torreiro; mellora do servizo de lixo nalgunhas parroquias, canalización de Augas Pluviais en Outeiriño-Agro (Soutelo); mellora de limpeza en Rúa Lugo e creación dun rexistro de empresas para convidar a todas, sen excepción a participar nos procedementos de adxudicación de obras.

 

Dende o Partido Popular de Salceda cremos que ésta é a actitude dun Grupo que pretende mellorar Salceda e favorecer ós/ás veciños/as, non coma o Goberno Municipal que sempre mira polos seus intereses, é decir, polo que máis lle beneficie de cara ás eleccións” explica Davila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.