Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 29 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PSdeG-PSOE tilda de "cinismo político" a negativa do Alcalde de anular a ordenanza das plusvalías

A voceira do Grupo Municipal Socialista de Salceda, saíu hoxe a facer unhas declaracións a tenor do acontecido onte no pleno ordinario, no que ó Sr. Alcalde se negou a debater case todas as iniciativas da oposición.

Entre as iniciativas presentadas polo grupo socialista atopábase a derrogación da ordenanza do imposto de plusvalías, despois da sentenza do TC que declaraba inconstitucional a aplicación deste imposto, “o que evitaría que os veciños ós que se lle cobre este imposto indebidamente teñan que facer a posterior reclamación para que lle devolvan o cobrado incorrectamente”.

 

Hai que ter en conta, sinalan dende o PSdeG-PSOE, que nalgúns casos “estas persoas teñen que acudir a solicitude de microcréditos para poder facer fronte a un imposto que despois teñen que devolverlle”. O Alcalde foi tallante neste punto, anunciando que non iba a deixar sen efecto a ordenanza e aqueles veciños que se lle cobre erroneamente terían que iniciar un proceso de reclamación contra o concello. Segundo as concelleiras socialistas, esta actitude marca unha vez máis a liña que ven seguindo o alcalde nos últimos tempos, falta de sensibilidade ante a situación que están a vivir os salcedenses, aplicando un imposto que é potestativo e que decide o Alcalde se aplicar ou non, mentres noutros concellos o están deixando sen efecto ata que se defina o novo método de aplicación. “Queda claro e así o afirmou publicamente no Pleno el mesmo, que o alcalde está en contra de calquera beneficio fiscal que se lle poida aplicar ós veciños, afirma Tourón.

 

Por outra banda, en relación co tema de seguridade, o Alcalde sumouse ás iniciativas presentadas polos grupos da oposición. Pero dende o grupo socialista explican que “a pesar de que a nosa iniciativa foi aprobada polos tres grupos, e sumada a iniciativa do outro grupo da oposición, non compartimos a negativa do Alcalde a que a policía local participe non entendemos que se cree un consello para definir un plan de seguridade que poña fin a situación que está a vivir Salceda sen que participen todos os axentes implicados no mesmo: representantes de colectivos, grupos políticos, policía local, etc.”. Ademáis engaden que  “aínda que nos alegramos de que por fin o Alcalde se sume as nosas reivindicacións e a falta de seguridade deixe de parecerlle unha opinión persoal da voceira socialista como manifestou no anterior pleno”

 

Mostrar os proxectos de obras ó público antes da súa aprobación

 

As concelleiras socialistas sinalan tamén a necesidade de que os veciños poidan aportar suxerencias os proxectos de obras, ademais do dereito de información e participación cidadá que sempre defendemos e por iso onte trasladamos unha iniciativa neste senso, para que se mostren os proxectos publicamente antes da súa aprobación e que esperamos que a nosa petición se faga efectiva dende xa.

 

Como conclusión, Verónica Tourón afirmou que “ os socialistas seguiremos a traballar para procurar melloras na vida cotiá dos nosos veciños, e que a falta de democracia real que en cada pleno mostra o Sr. Alcalde non permitindo debater as mocións da oposición, non nos vai a levar a deixar de facelo, porque estamos seguros que a veciñanza saberá valorar a actitude de cada quen”, a voceira socialista tamén lle recomenda ó Sr. Alcalde “que abandone os ataques furibundos ó PsdeG e lle dedique o seu tempo a gobernar, a acadar unha atención sanitaria digna para Salceda, a traballar no PXOM, a dotar Salceda dun polígono industrial no Cerquido, etc., que polo que vemos son temas que precisan maior atención por parte do goberno local”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.