GALICIA
FeSP UGT denuncia falta de previsión na dotación de vehículos no Servizo de extinción de incendios
Dende FeSP-UGT aseguran ter "advertido en máis dunha ocasión ante a Consellería de Medio Rural, que a xestión dos 143 vehículos de arrendamento das brigadas de bombeiros forestais do parque móbil do SPDCIF debe realizarse coa antelación suficiente para atender a situación de risco de incendios e de actividade incendiaria, que cada ano se prolonga máis meses ao longo do ano".
Agora en pleno mes de agosto, coincidindo co período de alto de risco de incendios, e cunha ola de lumes, en toda a Comunidade Autónoma pero sobre todo na provincia de Ourense e interior de Pontevedra, aseguran que "a falta de previsión dos responsables políticos fai que o arrendamento dos vehículos finalice, sen posibilidade de prorroga ao ter esgotado os máximos legais permitidos. O futuro prego que ordenará a nova contratación de vehículos está en fase de trámite".
Dende FeSP-UGT din que "como consecuencia do anterior a Xunta de Galicia está a dotar aos bombeiros forestais de vehículos temporais, coloquialmente denominados 'todocamiños' pero moi lonxe do concepto dun vehículo todoterreo, necesario para poder chegar a pé de lume, entendemos que isto vai a reducir a efectividade do operativo. Estes vehículos son idóneos para a extinción de incendios en zoas de concentración parcelaria, pero son inútiles para poder circular polas pistas forestais de moitas zoas da orografía galega, que é onde hai que atallar ao lume".
"Os vehículos entregados, ademais amosan falta de idoneidade por carecer de grupo de cisterna e alta presión, para un primeiro ataque ao lume. Recordemos que os vehículos motobomba son mais lentos e pesados e ata que chegan, un primeiro ataque con 500 litros de auga que levan os vehículos pick-up que se retiran son imprescindibles para que o lume vaia a mais e sexa incontrolable" explican.
"A falta de grupo de cisterna de auga no vehículo, supón un risco engadido na extinción de incendios para os traballadores, ao non poder realizar este primeiro ataque" engaden en nota de prensa.
"Sumámoslle a este erro, a falta de sinalización luminosa dos vehículos para evitar risco de accidente ou atropelo, a falta de equipos de respiración autónomos, equipos de comunicación inter-brigada, falta de roupa de prevención e abrigo que son claros incumprimentos da planificación preventiva" aseguran.
FeSP-UGT califican a situación de "cúmulo de despropósitos" esixe "o cese do actual Director Xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, por falta de previsión e improvisación que leva a por en risco a operatividade do SPDCIF e a seguridade e saúde dos traballadores".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136