Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 29 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

Tui convoca o proceso para cubrir prazas de profesor de violín, óboe e piano no Conservatorio de Música

Os interesados teñen ata o martes 5 de setembro para presentar as súas solicitudes.

[Img #34566]

 

Até o martes 5 de setembro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo para cubrir tres prazas de profesores para a Escola de Música e o Conservatorio Profesional de Música de Tui.


Trátase dun profesor de composición e piano, un profesor de violín, e outro de óboe. Tamén está aberto o proceso  así coma para crear unha lista de reserva para profesor de piano. 

 
Aos tres profesores que sexan seleccionados neste proceso realizaráselles un contrato laboral a tempo parcial para impartir clases no Conservatorio e/ou Escola de Música de Tui da materia e instrumento correspondente ata o 31 de xullo de 2018. O profesor de piano e o de violín terán que impartir 30 horas semanais de clase de luns a venres, mentres que o contrato do profesor de óboe será de 6 horas semanais.


Por outra parte coa creación dunha lista de reserva para profesores búscase dispor dun sistema rápido, áxil e que cumpra os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, co fin de utilizalo para a cobertura de baixas, substitucións temporais e similares do posto de profesor/a de música na especialidade de piano.


As bases destas convocatorias poden consultarse na web do concello

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.