Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 28 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Matrimonios mosenses celebraron xuntos medio século de amor

O Concello reuniunos onte en Costoias xunto coas súas respectivas familias nun acto no que participaron 700 persoas.

[Img #34575]

 

Un ano máis o Concello de Mos celebrou a súa tradicional Festa da Terceira Idade, que acostuma a ser un acto multitudinario ademais de moi emotivo e familiar, ao congregar a tódolos matrimonios mosenses que celebran neste ano as súas Vodas de Ouro, xunto coas súas familias e amigos. Así é que unha das celebracións máis emblemáticas do Concello de Mos é a Festa dos Maiores, que chegou este ano á súa vixésimo sétima edición que se celebrou onte. Os 37 matrimonios mosenses homenaxeados estiveron acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro; e demais membros da Corporación Municipal.

 

O Concello de Mos organizou un ano máis a Festa da 3ª Idade dirixida aos maiores de Mos, que se celebrou onte en Costoias, parroquia de Tameiga, cunha Misa previa, cantada pola Coral O Son dos Cantares na Capela da Virxe da Pena de Francia. Este ano a celebración cumpriu a XXVII edición e contou coa asistencia dos matrimonios homenaxeados que cumpren as súas vodas de ouro ou 50 anos de casados, acompañados dos seus familiares e amigos.

 

Esta emblemática festa soe gozar cada ano dun éxito rotundo (o ano pasado xa asistiron 700 persoas, cifra que se repetiu nesta ocasión) e está concebida dende a administración local como parte do programa destinado ós maiores mosenses, coa finalidade de impulsar a participación social activa e a integración deste colectivo de idade na comunidade; así como lograr a participación en distintas actividades creativas e lúdicas.

 

Na Festa da Terceira Idade de Mos homenaxéase aos matrimonios, das dez parroquias mosenses, que cumpren os 50 anos de casados. Este ano o número total de mosenses que cumpren as súas vodas de ouro son 37 parellas de todo o municipio, un total de 74 persoas.

 

Da parroquia de Tameiga procede o grupo máis numeroso, de 13 matrimonios, de Torroso 4 matrimonios, de Pereiras 3, de Petelos 1, de Sanguiñeda 2, de Guizán 3, de Mos 2, de Cela 5 matrimonios, de Dornelas 1, de Louredo tamén 1 e 2 matrimonios que actualmente residen en Vigo e O Porriño pero que son naturais de Mos.

 

Os obxectivos desta actividade son promover a calidade de vida das persoas maiores de Mos, impulsar a participación social activa e a integración das persoas maiores na comunidade, facilitar os medios para a reunión deste colectivo, previr a soidade, avanzar na capacitación e autodeterminación das persoas maiores, impulsar e dinamizar as relacións sociais e facilitar espazos de ocio para as persoas maiores.

 

O festexo iniciouse ás 12.00 horas da mañá coa Misa Cantada por O Son dos Cantares de Tameiga na Capela da Virxe de Pena de Francia. Ás 13.00 horas a Charanga ‘Os Charamujas’ de Guizán deu un concerto e ás 14.00 horas comezou o aperitivo campestre gratuíto para tódolos asistentes. Os matrimonios homenaxeados tamén foron convidados polo Concello ó xantar.

 

Coa sobremesa, ás 16.00 horas, chegou a actuación musical do Grupo 3.com e a entrega de agasallos ós homenaxeados. Ós matrimonios que non estiveron presentes entregaráselles o detalle no seu domicilio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.