Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 29 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
Nigrán

Nigrán Decide pide explicacións pola retirada das Bandeiras Azuis

[Img #34582]

 

O grupo municipal de NIGRÁN DECIDE pide ao goberno municipal de Nigrán “que explique publicamente as razóns polas que foron retiradas as bandeiras azuis de Nigrán”.

 

En nota de prensa aclaran que  “NIGRÁN DECIDE non comparte a política de fomento de turismo mediante a concesión de bandeiras azuis, por ser concedidas por unha entidade comercial, privada e non por un organismo público e oficial, a súa retirada por parte do goberno municipal, só pode estar motivada por algunha razón grave, que ten que ser aclarada publicamente para non empanar a imaxe de Nigrán, abondo deteriorada despois de que o Alcalde de Nigrán mentise publicamente sobre o episodio de contaminación biolóxica de curta duración acontecido a mediados do mes de agosto”.

 

Dende Nigrán Decide destacan que “o alcalde de Nigrán indicou a principios de verán que a consecución das bandeiras azuis eran resultado dos resultados das análises realizadas nas praias de Nigrán que, segundo el, corroboraban o traballo realizado desde o Concello para acabar cos vertidos, sinala José Cuevas, voceiro de NIGRÁN DECIDE; agora, o goberno municipal debe aclarar se esta retirada ten que ver co deterioro do medio ambiente, situación que esas mesmas análises están poñendo de manifestó”, finaliza Cuevas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.