Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 30 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
Nigrán

O Concello alega a “falta de socorristas” para retirar as bandeiras azuis

A contratación de 17 socorristas a través da Mancomunidade do Val Miñor para cubrir Nigrán e Baiona “non é suficiente para cumprir a obriga de ADEAC de dous por Praia” explican dende o Concello. "A punto de acabar os contratos moitos collen os días libres que lle corresponden e así é imposible manter o servizo ao 100%", resume o alcalde

[Img #34583]

 

O Concello de Nigrán procedeu o domingo á baixada das bandeiras azuis en Panxón e Patos ao non cumprir co número de socorristas que esixe ADEAC de dous por praia. A retirada da enseña nestas dúas praias prodúcese tres días antes de que conclúa a tempada oficial no Val Miñor (do 1 de xullo ao 31 de agosto). O municipio segue gozando ata o 31  da bandeira azul en Praia América, onde hai dous postos de salvamento e, polo tanto, dous socorristas, cumprindo o establecido por  ADEAC.

 

"Non é un problema das praias de Nigrán, senón das praias do Val Miñor. A realidade é que a contratación de 17 socorristas a través da Mancomunidade do Val Miñor é insuficiente para manter as bandeiras azuis en Nigrán e Baiona xa que, a punto de finalizar os contratos, moitos collen os días libres que lle corresponden e así é imposible  manter o servizo ao 100%", explica o alcalde, Juan González, quen incide en que "as praias son seguras" porque tamén se conta con persoal de Protección Civil nos postos. "Debe quedar moi claro que a retirada en Patos e Panxón responde únicamente a un problema de xestión dos socorristas, a nada máis. Tódalas praias están limpas e a calidade das augas é excelente segundo os análises destas semanas, o último de hoxe mesmo en Panxón", incide o alcalde, Juan González.

 

En calquera caso, ante o requirimento de ADEAC ante a constatación deste feito, o Concello de Nigrán acata a decisión de retirar as dúas enseñas e as remite a este organismo, tal e como se lle pediu. "Queremos seguir optando a elas e cumprimos ao 100% coas súas indicacións", engade. 

 

O Concello de Nigrán fai unha  valoración negativa do procedemento de concesión de subvencións por parte da Xunta, que retrasa cada ano a súa aprobación a un límite inconcibible, e tamén da posterior contratación da Mancomunidade. Así, nesta ocasión foi imposible reunir os 27 socorristas solicitados para Baiona e Nigrán porque a selección da Mancomunidade a súa vez retrasouse ao máximo, aprobando só 17 aspirantes dos 21 presentados. "Está claro que o vindeiro ano teremos que buscar solucións ao marxe da Mancomunidade e da subvención da Xunta para garantir as bandeiras azuis, recurriremos a fondos propios para que isto non se repita", finaliza o alcalde.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.