MOS
160 inscritos no II Torneo de Xadrez Concello de Mos
Os/as interesados/as en participar aínda poden anotarse ao longo das xornadas de hoxe e mañá
O Club de Xadrez Mos xunto co Concello de Mos organizan o II Torneo de Xadrez Concello de Mos que terá lugar o sábado 2 de setembro no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso. O torneo conta xa, a data de hoxe, con 160 inscritos que dende a organización prevén incrementar, como mínimo, ata a cifra do ano pasado que ascendeu a 180 participantes.
Os xa inscritos nesta segunda edición do torneo mosense proceden das catro provincias da Comunidade Autónoma galega e teñen idades dos cinco anos en diante.
Os interesados en participar aínda están a tempo, xa que o prazo de inscrición permanecerá aberto durante os días de hoxe e mañá, xoves 31 de agosto. Nesta competición poden inscribirse, de xeito totalmente gratuíto, tanto clubes coma xogadores particulares federados de calquera procedencia. O ano pasado, na primeira edición do torneo, participaron preto de 200 persoas (180 exactamente, como se mencionaba antes) integrantes de clubes procedentes de toda Galicia e Portugal. As inscricións poden formalizarse no enderezo de correo electrónico clubxadrezmos@gmail.com ou telefónicamente chamando ao número 618 873 541.
Esta competición, pertencente ao Circuíto Galego de Xadrez e ao XII Circuíto de Promoción do Xadrez 2017, dará comezo ás 11.00 horas da mañá do vindeiro sábado 2 de setembro e clausurarase ás 20.00 horas da tarde dese mesmo día.
O Torneo disputarase por categorías que se clasificarán en categorías por idades e categoría absoluta.
Os obxectivos desta iniciativa son a promoción do xadrez en Mos e a continuidade do labor de anos nesta disciplina deportiva. E é que o Club Xadrez Mos fundouse en 2014 e cumple 4 anos de duro traballo a prol do xadrez no municipio.
Tanto dende o Club Xadrez Mos como dende a administración local mosense teñen a ilusión de lograr superar o número de inscritos da pasada edición do Torneo de Xadrez Concello de Mos, por iso animan a tódolos amantes do xadrez a participar no mesmo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149