MOS
A gran Susana Seivane tocará o sábado na terceira edición de ‘O Son do Pazo’
O Festival Intercéltico arranca mañá coa música de Radio Cos e Os Carunchos.
![[Img #34641]](upload/img/periodico/img_34641.jpg)
Xa está todo preparado en Mos para que dea comezo o III Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’, unha cita que volverá xuntar, na contorna do Pazo de Mos, a algunhas das formacións musicais máis destacadas da escena folk galega. Mañá, venres 1 de setembro, arrancará a festa co son dos anfitrións, a Banda de Gaitas Airiños do Castelo, do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos. A súa actuación servirá de aperitivo para os dous pratos fortes da noite, Radio Cos e os Carunchos, dous grupos que marcaron tendencia na evolución da música tradicional galega nos últimos anos. E para que a festa non pare, o grupo de gaitas Xiada encargarase de amenizar os intermedios entre os concertos.
O sábado a programación de ‘O Son do Pazo’ arrancará xa a mediodía, cunha sesión vermú con polbo á feira e un obradoiro de danza irlandesa a cargo de Irish Treble. Tralo xantar popular (para o que xa están pechadas as inscricións) a praza do Pazo de Mos acollerá unha nova edición de BailaMos, o festival de danza tradicional do Concello de Mos, no que participarán sete agrupacións diferentes do concello de Mos. O grupo folk Algarabía encargarase da animación musical do evento e pola noite a festa correrá a cargo dos Chavellos, Irish Treble, Susana Seivane e Abóbriga.
Xaime Estévez, Premio ‘Mestre Machiño’ 2017
Entre as novidades desta terceira edición de ‘O Son do Pazo’ destaca a entrega, por primeira vez, dos Premios ‘Mestre Machiño’, cos que se quere recoñecer o traballo de persoas ou colectivos que destacaran na loita pola conservación da cultura tradicional e o folclore de Galicia. Mañá venres, ao rematar a actuación da Banda de Gaitas Airiños do Castelo, terá lugar o acto de entrega do galardón.
A Comisión Organizadora do Festival elixiu, como galardoado nesta primeira edición dos Premios, ao profesor e investigador musical Xaime Estévez Vila, natural do concello de Mos e mentor dalgúns dos gaiteiros máis prestixiosos do panorama musical galego. Leva décadas vencellado á divulgación da música tradicional e é o autor de numerosos estudos académicos sobre a historia da música galega. A Asociación de Gaiteiros Galegos publicoulle en 2012 a primeira metodoloxía infantil para gaita galega, "Son Do Fol", e foi profesor no Conservatorio Superior de Vigo. Actualmente dirixe o coro galego do Círculo Cultural Abrente e o grupo infantil de gaitas Os Novos Galiños de Belesar. Ademais, toca o acordeón nos Terribles de Donas.
Os premios ‘Mestre Machiño’ nacen como homenaxe a Alejandro González ‘Machiño’, o antigo profesor de baile galego do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, falecido no pasado mes de marzo. Natural de Chapela, empezou a dar clase en Mos no ano 1999 e integrouse na vida social da parroquia case coma un veciño máis. Os seus alumnos falan del coma dunha persoa “carismática, cariñosa e amigable” e a organización de ‘O Son do Pazo’ quere que o seu nome quede ligado á parroquia e ao Círculo Cultural a través da concesión deste recoñecemento.
Terceira edición do Festival
O Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos é a entidade encargada de organizar o Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’, que conta coa implicación do Concello de Mos como colaborador e patrocinador principal. O evento chega este ano á súa terceira edición coa aspiración de seguir medrando para consolidarse entre as citas máis destacadas do calendario de festivais de música folk de Galicia. A Comunidade de Montes de Mos e a Fundación Pazo de Mos colaboran tamén na organización da festa, que nesta edición conta ademais co patrocinio da Xunta de Galicia, Agadic, a Deputación de Pontevedra e Mahou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149