Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 01 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A AD Tomiño preséntase ante a súa afección

O acto celebrarase no campo de A Carballa o sábado 2 de setembro dende as 17:00.

[Img #34658]

 

A Asociación Deportiva Tomiño de Fútbol Base invita a nais, pais e familias así como ao público xeral a acompañar aos seus xogadores na presentación oficial de todas as categorías para a temporada 17/18. O acto de presentación terá lugar este sábado 2 de setembro no campo de A Carballa dende as 17:00 e incluirá encontros amigables.

 

Despois de pechar a temporada 16/17 por todo o alto, cumplindo con creces os obxectivos en todas as categorías, a AD Tomiño bota a andar un curso máis con moitas novidades, con caras novas entre os xogadores e adestradores e con ilusións renovadas ante os retos que presenta a nova temporada.

 

Por iso invita a toda a afección a unirse no acto fesitvo da tarde do sábado na que se disputaran catro encontros amigables nos que xogarán, ás 17:00, os Benxamíns A e B e ás 18:15 os Alevíns A e B, todos os encontros ante os seus equivalentes do Porriño Industrial FC.

 

Ao rematar os partidos procederase á presentación de todas as categorías para que o público poida coñecer aos novos equipos e, como fin de festa, terá luga a xa tradicional chourizada.

 

Un ano máis, a directiva e o corpo técnico da AD Tomiño, buscarán facer realidade o lema “Facendo canteira, formando persoas” e invitan a pais, nais e público en xeral a que acompañen ao club nesta nova tempada que comeza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.