Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 03 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Educación anuncia un investimento de 50.000 euros na ampliación do CEIP Mestre Valverde Mayo

A obra consistirá na urbanización exterior do centro e comezará de xeito inmediato.

[Img #34672]

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou este pasado venres o CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos, onde comprobou os resultados da ampliación realizada no dito centro, que vén de rematar, e anunciou a posta en marcha doutra actuación orientada a urbanizar o exterior do recinto, coa que se complementará así a obra inicial.

 

En concreto, os traballos de urbanización ascenden a preto de 50.000 euros e darán comezo de inmediato, posto que acaban de ser adxudicados. Este investimento súmase ao mobilizado para a ampliación, que ascendeu finalmente a 345.992,33 euros.  

 

A obra que acaba de finalizar consistiu na construción dun novo volume de aproximadamente 240 metros cadrados, que albergará un comedor e sala de usos múltiples, unha aula e dúas máis pequenas orientadas a desdobres. A actuación, por tanto, atende as necesidades de escolarización da zona e as demandas do servizo de comedor escolar.  

 

Outras actuacións no concello
Ademais destas actuacións, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia tamén mencionou as obras que se realizaron, entre 2016 e o ano actual, noutros centros educativos do concello. En concreto, no CEIP Pena de Francia actuouse na iluminación e nos falsos teitos, mentres que no IES de Mos acometeuse o peche perimetral e a reparación da cuberta e dos aleiros do centro.

 

 

 

 

O conselleiro Román Rodríguez destacou o compromiso do seu departamento cos centros educativos do concello, nos que se investiron máis de 500.000 euros nos dous últimos anos

 

 

 

 

En total, nos dous últimos anos investíronse un total de 514.107,12 euros tanto en colexios como institutos do municipio, o que demostra, en palabras de Román Rodríguez, o compromiso da Consellería de Educación coa mellora educativa de Mos.

 

Así mesmo, o conselleiro tamén quixo lembrar a súa visita de hai un ano ao concello, cando comprometeu actuacións tanto no CEIP Mestre Valverde Mayo como no IES de Mos, traballos que hoxe xa son unha realidade e demostran “que a Xunta cumpre e actúa alí onde hai necesidades”, resaltou.  

 

Durante a súa visita ao centro, Román Rodríguez estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; e polo xefe territorial de Educación na provincia, César Pérez Ares.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.