A GUARDA
Turismo de Galicia executará un centro de recepción de visitantes no Castro de Santa Tegra
Nava Castro asinou o pasado venres un convenio de colaboración co Concello da Guarda que supón un investimento da Xunta de 220.000 euros na mellora do seu patrimonio.
![[Img #34670]](upload/img/periodico/img_34670.jpg)
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinou o pasado venres un convenio de colaboración co Concello da Guarda para a execución do proxecto Porta do Tegra, unha iniciativa que mellorará os servizos para os visitantes do Castro de Santa Tegra coa execución dun centro de recepción e unha área divulgativa.
A Xunta investirá 220.000 euros ao longo dos dous próximos anos, o que cobre o 100% do orzamento necesario para poñer en valor, divulgar e conservar este conxunto arqueolóxico, declarado ben de interese cultural (BIC), ademais de potenciar a oferta turística da comarca coa combinación de natureza e patrimonio cultural nun dos castros galegos máis visitados.
Nava Castro, que celebrou a colaboración entre administracións a prol do interese xeral e os obxectivos comúns, referiuse ao Castro de Santa Tegra como “un libro aberto que fala da nosa historia, desa historia que debemos coñecer máis e compartir cos que nos visitan”.
O proxecto ‘Porta do Tegra’ inclúe a construción dunha edificación que albergará punto de recepción de visitantes, posto de control, cobro e regulación de acceso ou espazo de información turística e obras de acondicionamento e pavimentación
Ata agora, a ruta de subida ao monte e ao complexo arqueolóxico non dispoñía de ningún espazo previo como recepción para os visitantes, situación que cambiará con este proxecto. Así, acondicionarase a área de recepción de visitantes, coa construción dunha edificación, ademais do punto de control de cobros e o recinto de información turística e divulgativa do asentamento castrense, que funcionará conxuntamente co espazo existente e que conta con aseos e unha zona de aparcadoiro. Ao abeiro do proxecto Porta do Tegra, levaranse a cabo obras de adecuación e pavimentación especial de redución da velocidade dos vehículos.
Crecemento do 30% en Vigo-Baixo Miño
A directora de Turismo de Galicia lembrou que esta iniciativa afonda a nos compromisos da Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de ruta que guía a xestión do Goberno galego neste eido, coa participación do sector privado e coa calidade e a sustentabilidade como guías. Como se reflicte na dita estratexia, este proxecto impulsa o enfoque turístico do patrimonio de xeito planificado, potencia os valores diferenciadores de Galicia aproveitando o mellor de cada zona, e mellora os recursos turísticos dos concellos da Comunidade.
Así, contribúese ao impulso da Guarda e do sur de Galicia como un destino diferenciado e de calidade. Só nos sete primeiros meses deste ano, o xeodestino Vigo-Baixo Miño, ao que pertence A Guarda, recibiu preto de 346.000 viaxeiros, o que supón unha suba do 29,5%. Ademais, rexistráronse preto de 674.000 pernoitas, o que representa un aumento do 35,5%. O turismo nacional subiu un 30% e aínda con máis forza aumentou o internacional, cun 56%, unha oportunidade do destino á que Turismo de Galicia contribúe tamén con este convenio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116