Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 04 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Policía Local de Ponteareas interven tres condutores que sobrepasaban a tasa de alcohol permitida

Un dos condutores intervidos sextuplicaba a tasa de alcohol.

A Policía Local de Ponteareas, na última quincena do mes de agosto, intervíu a tres condutores cunha tasa de alcohol en sangue por aire espirado que resultou na imputación de sendos delitos contra a seguridade viaria polo que se lles citou para comparecer ante o Xulgado da Guarda para a celebración do xuizo rápido.

 

Estos condutores foron interceptados cando circulaban polas rúas do casco urbano e ante a condución irregular desuelles o alto. Os axentes observaron que podían estar baixo a influenza de bebidas alcohólicas polo que se lle realiza a correspondente proba dando como resultado superior a 0,60ml.

 

Cabe destacar que un dos implicados sextuplicaba a tasa de alcohol permitida, e xa tiña sido imputado polo mesmo delito contra a seguridade viaria un mes antes, data na que se negara a someterse ás probas.

 

 

 

 

A Policía Local de Ponteareas insiste na presenza policial nos parques públicos

 

 

 

 

Noutra ocasión os axentes imputan un delito de roubo con forza nun vehículo estacionado no que se sustraíra unha carteira, localizando ao presunto autor, polo que se instruiron dilixencias ao Xulgado en calidade de investigado.

 

Ademais, en actuacións contra o menudeo e consumo de estupefacientes en parques públicos da localidade, os Axentes interviñeron varias doses de cannabis, polas que se instruiron actas á subdelegación do Goberno pola tenencia e consumo en lugares públicos.

 

A Concellería de Seguridade Cidadá e Mobilidade, que dirige Vanesa Fernández Soage, segue a traxectoria dende o comezo do seu cargo de priorizar a persecución destes delitos, e contar con maior presenza policial nos parques, por iso, unha vez máis, solicita á colaboración cidadá e valora positivamente a actuación dos axentes da Policía Local de Ponteareas e a súa profesionalidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.