Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 06 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A Xunta inicia hoxe a construción do centro de saúde de Gondomar

O novo edificio conta cun presuposto de máis de dous millóns de euros.

A Xunta de Galicia comeza este mércores coas obras de construción do centro de saúde de Gondomar, trala adxudicación do contrato, a principios do mes de agosto. Conta cun presuposto de 2.355.755,70 de euros.

 

Este novo centro da rede sanitaria pública galega, atenderá unha poboación de  10.600 persoas e vai contar con seis consultas de medicina xeral e seis de enfermería.  Ademais haberá unha consulta de matronas e outra sala de educación maternal, unha sala de toma de mostras, outra de espera, unha sala de técnicas e dúas polivalentes.

 

 

 

 

O centro de saúde dará cobertura a 10.600 persoas

 

 

 

 

A área de pediatría contará cunha consulta, unha sala de espera propia, unha consulta de enfermería pediátrica e un aseo. Finalmente, nas zonas de administración e outros usos construiranse unha área de admisión, un arquivo de historias clínicas, dous almacéns, unha sala de caldeiras, outra de estar para o persoal e aseos, tanto públicos como para o persoal. Ademais haberá unha sala de xuntas e biblioteca.

 

As obras de construción deste novo centro de saúde en Gondomar, contarán cun prazo de execución de 14 meses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.