GALICIA
Os portos galegos incrementaron en máis do 30% o número de embarcacións en tránsito nos últimos catro anos
Segundo as estimacións do sector náutico, cada embarcación en tránsito que reciben as vilas portuarias xera un retorno aproximado de 300 euros e de máis de 200.000 euros no caso dos portos da Costa da Morte neste ano.
![[Img #34693]](upload/img/periodico/img_34693.jpg)
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou esta fin de semana en Camariñas o incremento das cifras dos tránsitos en Galicia nos últimos catro anos, que foi dun 30%. É dicir, aclarou, “só en 2016 nos visitaron 1.200 embarcacións máis”. Así o sinalou no marco da inauguración da I Feira náutica e de ocasión FENACAM 2017, onde atribuíu estas cifras ao traballo e aposta da Xunta pola náutica recreativa para atraer visitantes aos portos galegos.
De feito, segundo as estimacións do sector náutico, o volume que xeran as embarcacións en tránsito é duns 200 euros por pernoita e a Asociación de Náuticos de Galicia (Asnauga) establece unha media de 1,5 pernoitas por tránsito. Isto tradúcese nun retorno de 300 euros aproximadamente por cada embarcación en tránsito que reciben as vilas portuarias e de máis de 200.000 euros no caso dos portos da Costa da Morte neste ano. Ademais, a conselleira do Mar lembrou que durante o primeiro semestre do ano nos portos desta zona as cifras de embarcacións en tránsito medraron máis dun 30%. Uns datos, subliñou, “que son reflexo de que no mundo da náutica recreativa hai demanda, hai interese e, consecuentemente, hai vontade por parte da Xunta de apoiala”.
Neste sentido, a titular de Mar explicou que “o mundo da navegación é un dos eixos prioritarios para Portos de Galicia; por iso sabemos que se trata dunha actividade que temos que coidar, mimar, enriquecer e potenciar”. Para iso, engadiu a conselleira, Galicia está a reforzar a súa presenza nos distintos salóns náuticos que se celebran en Europa. Así, só neste ano asistiu a media ducia destes eventos de 5 países distintos (Irlanda, Portugal, Reino Unido, Francia e Alemaña).
Rosa Quintana atribuíu estas cifras ao traballo da Xunta pola náutica recreativa para atraer visitantes aos portos galegos e engadiu que reflicten que hai demanda e interese neste eido
Ademais explicou que a Consellería do Mar e Turismo teñen deseñada unha estratexia que naceu froito do consenso emanado das reunións de traballo “que viñemos mantendo coas entidades náuticas galegas que así o quixeron”. A través destas reunións, das visitas ás dársenas e dos salóns náuticos, sinalou Rosa Quintana, “sabemos, por exemplo, que Camariñas é un dos lugares máis coñecidos e preferidos polos especialistas do sector e os turistas náuticos”.
Nesta liña valorou a iniciativa do Club Náutico de Camariñas para poñer en marcha a primeira Feira náutica e de ocasión Fenacam 2017, un evento no que “hai espazo para a náutica e para todo o que a rodea”, salientou.
A maiores, no caso das infraestruturas portuarias de Camariñas, Rosa Quintana, destacou que nas últimas dúas lexislaturas a Consellería do Mar investiu preto de 6 millóns de euros en ampliar o peirao, en instalar fingers flotantes, en reforzar o dique de abrigo e noutra serie de actuacións.
Fenacam
A primeira Feira náutica e de ocasión Fenacam celébrase en Camariñas hoxe e mañá. Nela, as empresas e autónomos participantes poden facer unha presentación dos seus produtos ou servizos, complementando así a oferta de conferencias, charlas, presentacións literarias, proxeccións audiovisuais, exposicións de fotografía, artigos e documentos referentes ao campo da náutica.
A navegación é un dos eixos prioritarios para Portos de Galicia, de aí que Galicia estea a incrementar a súa presenza nos salóns náuticos que se celebran en Europa
A feira alberga espazos para embarcacións, motonáutica, equipamentos e accesorios, estaleiros, despeces e talleres, turismo náutico, mergullo, pesca recreativa, mercado de segunda man, seguridade marítima, electrónica mariña, roupa náutica, equipo persoal, mantemento e limpeza, decoración, aluguer de embarcacións, seguros e banca.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136