NIGRÁN
A Xunta inviste 342.000 euros en mellorar a accesibilidade e reformar a Residencia de tempo libre de Panxón
Remodelouse toda a zona de recepción e distribución da planta baixa, incluíndo o comedor, e adaptáronse os baños públicos á normativa de accesibilidade.
![[Img #34697]](upload/img/periodico/img_34697.jpg)
A Residencia de tempo libre de Panxón, na localidade pontevedresa de Panxón, loce un aspecto máis moderno e xuvenil tralas obras acometidas pola Xunta nas instalacións localizadas preto da praia de Patos. Unha profunda reforma na que a Administración autonómica investiu nos últimos dous anos 342.037,07 euros, mellorando notablemente o seu aspecto.
As positivas valoracións dos usuarios e o persoal púidoas comprobar de primeira man o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, quen visitou estasemana as obras acompañado pola xefa territorial de Política Social en Pontevedra, Marta Iglesias, e a directora da residencia.
Habilitáronse catro habitacións para usuarios con mobilidade reducida, con camas articuladas e escritorios abatibles, e os seus respectivos aseos
A remodelación integral iniciouse o pasado ano coa zona de recepción e distribución da planta baixa, incluíndo o comedor, a adaptación dos baños públicos e a reparación do ascensor, para os efectos de dar cumprimento aos criterios de accesibilidade, mellorando notablemente a estética e funcionalidade do centro. Unhas actuacións que se complementaron no presente exercicio coa adaptación de catro habitacións para usuarios de mobilidade reducida, con camas articuladas e escritorios abatibles, e os seus respectivos aseos.
Tamén se executaron obras de pintura, carpintería e fontanería, mellorouse a seguridade coa instalación dunha central de alarmas e a accesibilidade exterior co nivelado de terras e a instalación dunha soleira na zona de acceso de vehículos ao centro, que presentaba dificultades de tránsito.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136